O pasado xoves 24 tivo lugar, na Casa Municipal da Xuventude, un novo acto da A. C. Irmáns Suárez Picallo. Xesús Torres e Antón García presentaban o seu libro As fontes no Concello de Betanzos, publicado pola Asociación Cultural Eira Vella. Trátase dun minucioso estudo, produto dunha profunda investigación, de todas e cada unha das fontes que existen ou existiron no municipio brigantino.
A continuación, Xosé A. Seoane e Paco Pita expuxeron senllas experiencias educativas que teñen como epicentro as fontes e lavadoiros nos concellos de Sada e Culleredo, respectivamente.
Concluiu o acto coa lectura, por parte de Antón García, dunha fermosa reflexión acerca dos múltiples valores das fontes e da necesidade de preservármolas.