MOSTRAXE DE ALGAS DA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL EN SADA

O sábado 25 de agosto, a Sociedade Galega de Historia Natural organizou unha xornada de mostraxe de especies de algas na zona da Costa de Oleiros ata Sada. Algúns membros da A. C. Irmáns Suárez Picallo acudimos á cita. Fomos a Arnela e alí estudamos as algas presentes, a súa abundancia e características, para determinar o estado da costa e procurar a súa preservación e respecto.

Desde a Delegación das Mariñas da SGHN traballan para garantir a preservación dos espazos naturais do noso municipio. Hai uns días comezaron unha campaña de recollida de firmas dixital para procurar que As Brañas de Sada fosen incluidas na futura Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, xa que como se pode comprobar no díptico da candidatura, Sada non aporta á Reserva nin un metro cadrado de terreo protexido.

Desde a A. C. Irmáns Suárez Picallo queremos agradecer a inestimable labor que realiza a SGHN, e ofrecerlles a nosa colaboración para aquelo no que poidamos axudar.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *