PERSEIDAS EN SADA

Onte, as condicións meteorolóxicas impediron iniciar a observación das perseidas ás 23:00 h., tal e como estaba previsto. Para facer tempo e agardar a que se retirasen as nubes, os integrantes da Agrupación Astronómica Io diron unha breve, interesante e instructiva charla no auditorio da Casa da Cultura Pintor Llorens ante o público que alí se congregara. Borja Tosar encargouse de trazar unhas nocións acerca do que son as estrelas fugaces e de proxectar varias fotografías.


Ao remate da charla, aproveitando que o ceo xa estaba despexado, puidéronse observar varias “bágoas de San Lourenzo”, así como outros elementos do firmamento por medio de telescopios.

Desde a A. C. Irmáns Suárez Picallo agradecemos novamente que a Agrupación Astronómica Io teña fixado esta data no calendario para visitar Sada en lembranza de Juan Carlos Medal.



Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *