
Fixeron uso da palabra, pola entidade organizadora (A. C. Irmáns Suárez Picallo), Paco Pita e Manuel Pérez Lorenzo, que comentaron as motivacións que levaron a concebir esta exposición, as aportacións das que é debedora e o contido dos 10 paneis e da vitrina que a compoñen. A continuación, José Gerpe, afillado de Ricardo Flores, relatou as súas lembranzas acerca do seu padriño.
Por último, distribuiuse o nº 12 dos Cadernos de Estudos Locais que edita a A. C. Irmáns Suárez Picallo, e que recolle o texto dos paneis.
O acto resultou emotivo, cunha notable asistencia de público. A exposición permanecerá aberta ata o próximo venres 27, día no que -ás 20:00 h.- terá lugar unha mesa redonda na que participarán persoas que trataron a Ricardo Flores.