PRESENTACIÓN DE DOUS LIBROS SOBRE A REPRESIÓN FRANQUISTA

O pasado venres, día 22, na Casa Municipal da Xuventude de Sada, entre as 20:00 e as 22:00 h., tivo lugar a presentación dos seguintes libros:

VIXIADOS
Represión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (1936-1939)
Autores: Emilio Grandío Seoane (coord.), Javier Rodríguez González, Manuel Pérez Lorenzo, Rosalía Regueiro Méndez, Pilar Mera Costas, Xurxo Pantaleón.
Ed. Laiovento.

A REPRESIÓN FRANQUISTA NA COMARCA DA CORUÑA
Vidas na memoria
Autores: Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces. Emilio Grandío, Eliseo Fernández, Dionisio Pereira. A iniciativa da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Ed. Laiovento.

Interviñeron no acto os autores Emilio Grandío, Manuel Pérez Lorenzo e Eliseo Fernández, comentando o proceso de xestación e o contido de ambas obras. A continuación houbo un interesante espazo para o debate, con varias intervencións do público.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *