A IMAXE COMENTADA

Interior do Salón Moderno (1956) Baixo varias denominacións e con diferentes funcións (salón de baile, teatro e cine, sala de festas, discotea…), o edificio nº 4-6 da rúa Linares Rivas ten sido, desde a súa apertura no 1915, un dos lugares máis emblemáticos da vila de Sada ao longo do século XX. Asemade, acolleu no seu 1º piso as dependencias do…

Ler máis

UN ARTIGO DA PARDO BAZÁN SOBRE O POTENCIAL TURÍSTICO DAS MARIÑAS

Emilia Pardo Bazán (1851-1821) pasou en Meirás gran parte da súa vida, nun tempo en que concellos como Oleiros, Culleredo, Bergondo ou Sada despuntaban como destino estival dunha nobreza que se asentara na Coruña e da nacente burguesía. No artigo que reproducimos a continuación, publicado orixinalmente en El Imparcial (07/08/1894), Pardo Bazán describe as virtudes…

Ler máis

O QUE XANTAMOS (REFLEXIÓNS SOBRE ALIMENTOS, CULTURA, SOCIEDADE E POLÍTICA)

Xaime Rodríguez Rodríguez Imos falar de xantar, un asunto cotián que recibe cada vez máis atención dos medios, fundamentalmente no que ten que ver con cociña, cociñeiros e gastronomía, esta última unha desas palabras que semellan outorgar “status” (ou “glamour”) ao contexto nas que aparecen, neste caso a cociña, por outra banda tan pouco “glamouroso” cando se fala do que cociñamos a cotío….

Ler máis

UN ACHEGAMENTO Á ORNITOFAUNA SADENSE

Calros Silvar (Sociedade Galega de Historia Natural) A situación xeográfica de Galicia, a cabalo das rexións bioxeográficas euro-asiática e mediterránea, asomada ao Atlántico e a medio camiño das rotas migratorias entre o noso Continente e África, tórnaa nun privilexiado territorio en canto á observación de aves se refire: unha ampla variedade de especies (algo máis de catrocentas), mesmo de continentes afastados, téñense rexistrado…

Ler máis

NOMES PROPIOS. JOSÉ MARÍA MONTES: UN ESCRITOR ESQUECIDO

Manuel Pérez Lorenzo Avogado, político, ensaísta, dramaturgo e poeta, José María Montes foi unha das plumas máis destacadas do xornalismo coruñés decimonónico, así como un integrante sobranceiro da xeración dos provincialistas que emprenderon a tarefa da dignificación da cultura galega. Embora, o seu nome quedou apagado no discurso da historia. José María Montes Rouco naceu…

Ler máis

UNA GIRA SINDICAL DE RAMÓN SUÁREZ PICALLO EN 1920

Hernán Díaz Ramón Suárez Picallo era coñecido ata hai pouco polo seu quefacer político no ámbito do nacionalismo galego. Hoxe sabemos tamén da súa importante actividade no movemento obreiro arxentino grazas ás aportacións do historiador Hernán Díaz, que desde Buenos Aires nos envía este texto para Areal. Entre Ríos es una provincia del litoral argentino, enmarcada…

Ler máis

A FEIRA DE ED-MUNDO. ECOS DA REPÚBLICA

Edmundo Moure Rojas Na casona de La Cisterna, ao sur de Santiago del Nuevo Extremo, os sábados á tarde, o meu pai galego adoitaba escoitar a súa música preferida, mestura variada na que figuraban o tango, vellos cuplés, flamenco sevillano, doces fados na voz de Amalia Batista, sardanas e pandeiretadas galegas… De cotío, a sesión musical terminaba co Himno de Riego, peza conmemorativa que, como…

Ler máis

REQUIEM, SERÓDIO E BREVE DE MAIS, POR EDICIÓS DO CASTRO

José Mª. Monterroso Devesa Mais de 200 títulos da colecçom DOCUMENTOS PARA A HISTORIA CONTEMPORÁNEA DE GALICIA tem tirado do prelo Ediciós do Castro, recentemente desaparecida de morte matada. Nestes ingratos tempos de involuçom democrática no nosso país e mais no Estado espanhol e na Europa toda, constitúe um capítulo singular o eclipse dumha editorial que, se por algo vai ser…

Ler máis

O QUE LIMOS

Xaime Rodríguez Rodríguez Se nalgunha cuestión hai consenso respecto ao réxime republicano é sen ningunha dúbida sobre a ausencia dun coñecemento profundo da realidade histórica da II República. A “noite de pedra” da Ditadura franquista e a peculiar transición, algúns prefiren chamala transacción, levada o cabo no noso país, contribuiron, sen apenas lugar para as dúbidas, a oscurecer, mitificar e mistificar a…

Ler máis

MEMORIA DE ACTIVIDADES

Marisa Naveiro López No último semestre a nosa asociación mantivo unha grande actividade, desde o primeiro acto do día 14 de outubro cando lembramos o cabodano da morte e a traida dos restos de Ramón Suárez Picallo ata hoxe que cerramos a edición deste nº 2 da revista AREAL. O acto no cemiterio de Fiunchedo consistiu nunha ofrenda floral e a…

Ler máis