UNHA CARTA DE MANUEL LUGRÍS FREIRE AO ALCALDE DE SADA

En novembro do 1930 afundía a lancha “María del Carmen”, de Sada, falecendo todos os seus tripulantes. O escritor e académico sadense Manuel Lugrís Freire, que residía na Coruña, ao coñecer a noticia escribía a seguinte carta ao alcalde de Sada, Ángel López Vidal, ofrecéndose a colaborar no que fose preciso. Aos poucos días contribuiría cunha importante cantidade de diñeiro á colecta que en beneficio das familias organizaba o Centro Cultural Obrero de Sada. O documento pertence ao Arquivo Municipal de Sada (Notas sesións Comisión Permanente, 1930-1960, 691), e atópase nun mal estado de conservación, dado que foi raiado con rotulador, no marco dun proceso de deterioro e destrución da documentación municipal que tivo especial intensidade nos anos 70, 80 e 90.

MANUEL LUGRÍS FREIRE                                                                                 
LA CORUÑA    
                      Sr D. Ángel López Vidal      
1/12/30   Alcalde
del Ayunt
. de Sada.

Mi querido alcalde y amigo:

La desgracia que acaba de sufrir nuestro querido pueblo con el naufragio de la lancha “María del Carmen” ha llenado mi corazón de tristeza. Quiero que seas tu, como jefe de la villa, quien reciba mi pésame más profundo y sentido.

Estoy siempre, dentro de mi modestia, a ayudar en lo que pueda en todo lo que esa Corporación acuerde a favor de las familias de los desaparecidos.

Recibe mis respetos como Alcalde y un abrazo al amigo de mi niñez ya tan lejana.

M. Lugrís Freire
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *