ISAAC DÍAZ PARDO, REPUBLICANO DE HONRA

Francisco Pillado Maior
Fotografía tomada antes de iniciarse o acto de nomeamento de Isaac Díaz Pardo como
“Republicano de Honra”. De esquerda a dereita: Manuel Rivas, Isaac Díaz Pardo, Francisco Pillado e Xosé Ramón Fandiño. Detrás: Manuel Monge, presidente da CRMH

Con motivo do 80 aniversario da proclamación da II República, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña resolvía o pasado abril nomear a Isaac Díaz Pardo Republicano de Honra, como cada ano ven facendo con aquelas persoas que se destacaron na pugna polas liberdades e pola dignificación do noso pasado. No evento celebrado con tal motivo, Francisco Pillado Maior, director de Edicións Laiovento, pronunciaría o discurso que reproducimos a continuación. 
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña resolveu por unanimidade conceder o premio de Republicano de Honra (2011) a Isaac Díaz Pardo, unha das figuras máis emblemáticas e singulares da cultura galega, tantas veces descoñecida, ignorada ou mesmo manipulada. 
Non resulta doado resumir nunhas poucas liñas todo o traballo desenvolvido por este irrepetíbel personaxe -bo e xeneroso- que dedicou a súa vida o enriquecemento da nosa cultura, desde moi diversos ámbitos. 
Isaac naceu na casa da Tumbona, na rúa das Hortas, en Santiago de Compostela un día do ano 1920. 
Desde moi novo frecuentou o taller do seu pai, Camilo Díaz Baliño, escenógrafo, pintor e membro das Irmandades da Fala. 
Nese taller, Isaac tivo ocasión de coñecer a figuras da relevancia de Castelao, Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo ou Antón Vilar Ponte, por exemplo. 
Logo do golpe de estado fascista de 1936, o seu pai foi detido, encarcerado e, posteriormente, fusilado. 
Isaac, que naquel momento só tiña dezaseis anos de idade, tivo que fuxir e agacharse na casa do seu tío Indalecio, que residía na cidade d´A Coruña. 
Este tráxico episodio –que marcaría de xeito decisivo o seu futuro- deixaría, tamén, unha forte pegada na súa obra plástica- e truncaría as esperanzas de realizar os estudos de arquitectura. 
Antes de continuar, permitídeme que lea uns fragmentos moi ilustrativos do seu libro: Galicia hoy y el resto del mundo, publicado en Ediciós do Castro o ano 1987: 

En los primeros días de julio de 1936 los “chicos” de Victor Muñoz (1) le metieron una puñalada en un pulmón a la hora de más bullicio en plena Rúa do Vilar por donde estaba Correos y que hoy hay un cine, a un muchacho llamado Hernani, hijo, claro está de anarquista. Hernani tendría unos 17 años, trabajaba de platero repujador, era amigo de toda la muchachada progresista de aquel momento y defendía con calor las ideas de su padre, un modesto obrero de la construcción del barrio de San Lorenzo. Los autores de la puñalada escaparon hacía las platerías y mientras unos llevaban a Hernani al Hospital otros salimos corriendo detrás de los asesinos hasta la farmacia de las Casas Reales donde suponíamos que se irían a refugiar. La calzada de las Casas Reales estaba levantada y había piedras por doquier que pronto empezaron a caer sobre la farmacia. Alguna de las piedras -ahora lo confieso- las lancé yo. La farmacia quedó destrozada y la caja registradora se rompió y los duros comenzaron a caer y a “chinclar” algún compañero -porque en todas parte cuecen habas- quiso lanzarse a recoger duros pero amenazamos con apedrearlos a ellos tambíen, porque allí no habiamos ido a robar. Está claro que los agresores de Hernani no se habían refugiado en la farmacia. 

Cuando llegué a la hora del almuerzo a casa y le conté a mi padre lo que había pasado la bronca que me cayó encima por participar en aquello hizo época. 

[…] 

Al otro día la policía me vino a buscar a casa y me llevó a la comisaría. Enseguida me dí cuenta que fue mi padre el que me había denunciado en plan paternalista.” 
E unhas liñas máis adiante, Isaac engade: “…Recuerdo cuando con motivo de la propaganda del plebiscito de autonomía les llamé, “reaccionarios” en el taller de mi padre, a él, a Castelao y a Casal. El motivo venía por éste, que en su imprenta nos tiraba nuestras enardecidas octavillas convocando a cualquier manifestación o protestanto por cualquier cosa. Propaganda que luego impresa había que llevar al Ayuntamiento donde se quedaban con un ejemplar y nos entregaban otro sellado. Aquella obligación nos molestaba porque coartaba la serie de barbaridades que quisiéramos decir. Algunas veces nos tenemos saltado esta obligación, que sin duda pertenecía a algún legalismo. Casal debía saberlo y aprovechó aquel momento rodeado de las dos personas que podían en mi. Yo salté con el tópico de la injusticia. Casal dijo que él era el alcalde porque lo habían nombrado todos los concejales entre los que había comunistas y socialistas y Castelao y mi padre apoyaron a Casal y entonces yo que estaba cargado por otras cosas de los ultreya, solté lo de ¡claro vostedes o ven así porque son uns reaccionarios! Castelao, creo que se rió por dentro y dijo algo así como ¡vaia co rapaz! Casal con cara de guardia enfadado dijo ¡vaia por Dios! y algo más quedó refunfuñando contra esta juventud que éramos pero sus palabras se perdieron en medios (sic) de los insultos de mi padre que me obligaron a irme del recinto donde estábamos. 
Cuando dos meses más tarde Casal y mi padre corrieron la suerte que les correspondió y me dieron con ella la lección que me dieron esta secuencia fue una de las pesadillas que me estuvo acusando de mentecato, y aún al confesarlo ahora creo que lo hago para liberarme de mi gran equivocación, que ahondó mi creencia de que mi padre pagó culpas, o parte de ellas, que yo tenía. (O subliñado é noso) 
Aunque no nos entendíamos creo que para mi padre yo era una esperanza, y pocos días antes de su inmolación las notas que nos enviaba desde la cárcel su preocupación era la de mi vida.” 
PARA VOS 
Prendinlle na cabeza do meu fillo, 
unha estreliña forxada na irmandá 
e quero ver brilar á lús d´esa estreliña 
hastra chegar cegar. 
— 
Que vexan os demais n’esa estreliña 
a lús da Libertá. 
Que vexan que o tesouro mais querido 
o ten o seu brilar. 
— 
Estreliña feituca de cariños, 
estrela do meu lar, 
que sempre te levei como reliquia 
de Terra, Dios e Nai, 
xa te deixo prendida no meu fillo 
pra sempre endexamais. 
CAMILO DÍAZ BALIÑO 
Cando, xa hai tempo, lin estas liñas, nas unha intensa actividade cultural. Escrebe poemas, nas que Isaac afirma que o seu peu pai “pagó culpas, o parte de ellas, que yo tenía” , reafirmeime en algo que, por evidente, xa intuía como unha constante na súa obra pictórica e mesmo ceramística: a presenza dos ollos e a inconfundíbel mirada de Camilo Díaz Baliño. 
Finalizada a “guerra incivil”, que diría Borobó, e aínda que en Galiza non houbo guerra senón unha feroz represión e un xenocidio perfectamente deseñado, Isaac matriculouse na Academia de Belas Artes de San Fernando e, con posterioridade, realizou diversas exposicións en cidades como Vigo, Madrid, Barcelona ou Londres, por exemplo. 
Mais, en determinado momento, cando a súa obra comezaba a ser valorada e cotizada, abandonou a pintura, pois, como me ten confesado persoalmente, “ el non quería ser o torto no país dos cegos”. 
E, cando expresaba tan rotunda opinión, estaba a pensar, loxicamente, en Pablo Picasso ou en Luís Seoane, que ficaban no exilio, como exemplo da intolerancia e da barbarie do réxime franquista. 
En 1948, cando decide abandonar o traballo como pintor para comezar a súa etapa de ceramista, crea a xa mítica planta industrial no Castro de Samoedo, moi preto da vila mariñeira de Sada. 
A partir dese momento, Isaac Díaz Pardo convértese no grande embaixador estético de Galiza, pois, sen dúbida, as súas cerámicas son coñecidas e valoradas nos máis diversos países do mundo. 
Poucos anos despois, concretamente en 1955, trasládase a Buenos Aires, onde desenvolve artigos, ensaios e mesmo algún texto dramático. 
Na Arxentina, xunto con Luís Seoane e algúns destacados intelectuais galeguistas, soñou e fixo realidade o Laboratorio de Formas, precursor doutras industrias culturais como, por exemplo, a restauración das Cerámicas de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, o Seminario de Estudos Galegos, o Laboratorio de Industria e Comunicación, así como Ediciós do Castro, unha editorial que contribuíu de xeito decisivo o coñecemento da historia máis recente de Galiza, nuns momentos en que todo era silencio, sombras e manipulación. 
Cedámoslle agora, máis unha vez, a palabra sempre lúcida a Isaac que, no libro O Laboratorio de Formas 40 anos despois , escribiu: 
“O Laboratorio de Formas foi creado como un ente teórico, un viveiro de ideas, un responsable ideolóxico: o LF son dúas siglas que encerran un proxecto de rehabilitación da identidade e da memoria histórica dentro e fora de Galiza, un epígrafe de compromiso coas causas xustas, nado no exilio e desenvolvido no contexto do final da ditadura española. 

O Laboratorio partiu da utopía de que o deseño, a configuración, podía cambiar o mundo, e máis concretamente Galiza. Concebíronse e materializáronse, baixo este ideario, unha morea de proxectos estratéxicos para abranguer distintos campos de acción, como o mundo da empresa industrial, a arte, a comunicación, a investigación… 

Máis que unha institución, o Laboratorio de Formas é todo un movemento para axudar a Galicia.” 

Isaac no transcurso dunha homenaxe en Sada no pasado mes de marzo. Con el Carmen Arias de Castro, Abel López Soto e Xesús Alonso Montero

A dilatada vida de Isaac e a súa inmensa obra non ten parangón na historia da nosa cultura. 

Por todo isto recibiu numerosas distincións como, por exemplo, o Pedrón de Ouro (1976), A medalla de Ouro e fillo Predilecto de Santiago de Compostela, o Premio Otero Pedrayo (1990), Doutor Honoris Causa pola USC (1992), Premio Trasbalba da Fundación Otero Pedrayo (1993), a Vieira de Prata do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (1995), o Premio Jiménez de Asúa de Derechos y Libertades (1999), a Distinción da “Irmandade Moncho Valcárcel”(Premio Defensa da Terra) (2000) o Premio Ramón Piñeiro de Láncara (2002) ou o Premio das Letras e das Artes de Galicia no 2003. 

Mais os necios, os mediocres, os especuladores, os desalmados que só pensan nos réditos e nas ganancias están sempre alerta e non descansan nunca. Son tamén moi numerosos, están mellor organizados e, contan ademais co incondicional apoio de determinados medios de manipulación, financiados con cartos públicos, administrados polo Sistema. 

O mercantilismo é a antesala da vulgaridade… E na obra de Isaac primou sempre o compromiso e, por suposto, os valores artísticos, á marxe de consideracións crematísticas. 

Mais a estética e o compromiso non se cotizan en bolsa… Desde sempre primaron outros valores… Por iso o noso deber, a nosa mellor homenaxe ás persoas como Isaac Díaz Pardo consiste en posicionarse na defensa dos valores nos que este galego universal sempre militou. 

Luís Seoane -un home de personalidade firme e rexa- semella que escribiu os versos que deseguido vou citar, pensando na xenerosidade e no talento do seu incondicional amigo Isaac Díaz Pardo, xa que gozan de plena actualidade e son aplicábeis á biografía da persoa a quen hoxe temos a honra de homenaxear. 

Son uns versos contundentes, rotundos -como o propio Luís- e que teñen un carácter premonitorio para os que botaron por terra o que no seu día nacera, segundo reza na declaración de principios do Laboratorio de Formas, antes citada, co fin de “ axudar a Galicia.” 

Os versos de Seoane din así: 

Dende fai séculos loitan en Galiza 
os homes coas ratas. 
Vencendo sempre as ratas. 

O propio Isaac Díaz Pardo no seu libro, xa citado, Galicia Hoy. Y el resto del mundo escribiu, unhas sabias palabras, que lidas hoxe, poderíamos deducir que teñen un carácter premonitorio e mesmo “autobiográfico”: 

“La humanidad -di Isaac- estuvo plantando hermosas flores de amor y de fé en su larga historia para que ahora las coman los cerdos.” 

Na actualidade, e fiel o seu compromiso antifascista, é Presidente de Honra da “Fundación contra a Impunidade dos Crimes Franquistas”, da que me honro ser vicepresidente. 

Por todo isto e, por outros moitos méritos, que farían interminábel este acto que hoxe celebramos, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, decidiu, coincidindo co oitenta aniversario da proclamación da 2ª República, concederlle a distinción de REPUBLICANO DE HONRA. 

Antes de finalizar a miña intervención, quero lembrar unhas palabras de Isaac, publicadas no catálogo da súa exposición “Pinturas e fracasos”, celebrada na Casa da Parra de Compostela entre os días 14 de febreiro e 17 de abril do ano 2011: 

“Algúns aproveitando a xenerosidade que Seoane me ensinara a ter, no ano 2006 provocaron a situación na que hoxe se atopa o complexo de Sargadelos e que representou o máis importante e definitivo fracaso da miña vida, pois quedámomos absolutamente arruinados, xa que non voltei a recibir unha peseta de Sargadelos. E para poder vivir nestes catro anos, tivemos que vender moitas cousas, entre elas o piso que tiñamos en Madrid, que no seu día serviu para recoller aos exiliados que voltaban, e que garda historias importantes, entre elas a morte de Lorenzo Varela. Historias que están sen estudar, aínda que alí ficaron os documentos”. 

Estas historias algún día serán contadas, mentres que as persoas que provocaron tan triste situación engrosarán os escuros e anónimos habitáculos da infamia. 

Isaac: polo teu traballo, polo teu exemplo, polo teu compromiso, pola túa xenerosidade sen límites, pola túa arte… SAÚDE, LONGA VIDA e REPÚBLICA! 
1. Este individuo, segundo me ten comentado o propio Isaac, militaba na Falange Española e casara cunha alemá admiradora de Adolf Hitler.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *