Editorial da Redacción

Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo           14 de abril de 2011   nº 2 – Sada

Neste 14 de abril, festa da democracia, como tamén da liberdade de pensamento e expresión, sae o 2º número de Areal. A boa acollida do número 1 por parte dos lectores foi un estímulo para continuarmos nesta empresa de dotar a Sada dun órgano de comunicación cultural aberto á participación da cidadanía.


Contamos nesta ocasión con colaboracións e achegas gráficas de diversos autores aos que agradecemos o seu traballo e a súa vontade de difundilo nas nosas páxinas. Xulio Corredoyra, José Mª Monterroso Devesa, Edmundo Moure, Hernán Díaz, Manuel Pérez Lorenzo, Xesús Torres, Calros
Silvar, Manuel Suárez de Concha, Manuel Lugrís Rodríguez, Marisa Naveiro e Xaime Rodríguez son os artífices dos artigos e ilustracións que compoñen este número de Areal, que se completa con dous textos de Manuel Lugrís Freire e Emilia Pardo Bazán.


Temos tamén que agradecer aos anunciantes as súas xenerosas aportacións, sen as que esta publicación dificilmente sería posible. Damos a benvida aos que se incorporan á nosa sección de publicidade, que permiten aumentar o número de páxinas e a tirada da revista.


Como novidades incluímos o formulario de inscrición para todo aquel que queira formar parte do noso colectivo. Desde este limiar queremos lembrar que a nosa revita está aberta aos textos, documentos e material gráfico que calquera persoa queira aportar para a súa publicación.


Polo demais, agardamos que o presente número sexa do agrado do lector e lle aporte novas inquedanzas e novos interrogantes.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *