Ramón Suárez Picallo e Eduardo Blanco Amor mantiveron unha intensa e duradeira amizade, froito da cal conservamos unha extensa correspondencia, se ben só chegaron a nós as cartas enviadas polo sadense. Esperanza mariño ten traballado en reiteradas ocasións sobre estes materiais.
Nesta ocasión reproducimos unha carta datada no 1936 e que podemos emprazar nos días posteriores ás eleccións do 16 de febreiro nas que venceu a Fronte Popular e Suárez Picallo recuperou a súa acta de deputado. O texto reflicte o ritmo trepidante dunha época.