A FEIRA DE ED-MUNDO MEMORIA E IDENTIDADE

Edmundo Moure Rojas

Un idioma non nace pola vontade xenial dun
grupo de homes; nace pola predisposición psicolóxica dun povo, que, en
condicións históricas favorabeis, crea unha cultura e a súa correspondente
maneira de espresión.
(Alfonso Castelao)

Nesta nubrada mañá de finais de
setembro,mentres camiño pola beirarrúa, un cheiro docea cebola fritida
transpórtame de súpeto á biblioteca da miña memoria, onde xorden unhas frases
escoitadas na remota nenez… Cheiro e verba vencéllanse na tea da lembranza… É
domingo, nos albores da primavera, Chacra El Olivo, casa dos avós galegos.
Xantar da familia que xa é un clan numeroso… A nosa avoa Elena e mais as tías
Naulina, Alicia i Elena, preparano abundante compango na cociña lareira,
onde aínda pendura a vella marmita. O arume da empanada, co seu ventre encheito
de pemento morrón, galiña, chourizo, raxo, cebola e touciño,tráeme ese abraio
súpeto do olfacto que vai ser un dos primeiros morbos do glorioso hedonismo.Os
tíos Manuel i José comentan:

-Parece que ha quedado exquisita la empanada
española…

Meu pai corrixe: -Empanada galega é
máis axeitado dicir…

-Española, española… seamos universales insta, retranqueiro e á vez arrogante, tío
Manuel. Cal é a diferencia?, matino, dende os meus curtos anos. A avoa (o avó
republicán xa partira, e só podo lembrar a súa silueta vagarosa), pai Cándido,
miñas tías, falan no comedor isa estraña e doce lingua que comezo arexistrar
na memoria, partindo cecáis cuns poemas que o noso pai soletrea nos meus
ávidos oídos, versos que van ser as primeiras follas líricas da miña biblioteca
existencial.

Tío Manuel continúa na mesa coas suás rotundas
proposicións, feitas lei –temos quedicilo- na maioría dos inmigrantes españois
de Chile, ao comezo dos anos 50’:

-No debemos ser aldeanos. El alma española es
una y totalitaria. Es la obra de Franco, aventajado continuador de Isabel la
Católica: una sola nación, una bandera, una religión y una lengua: la
castellana, universal… Los dialectos están bien para la casa y la cocina;
cuando mucho, para las faenas labriegas o pescadoras…

Tío Pepe asente ao vinculeiro da Casa, dende
o seu consentimento de benxamín. O noso pai amósase conturbado, tenta unha
resposta, mais a avoa Elena interrompe: -Calen a boca, non falen máis de
política… Imos disfrutar todos xuntos o noso xantar, coma unha familia unida…
(As mulleres galegas eran elas mesmas a Casa, a ríspida unidade arelada entre a
disparidade dos fillos).Mais xurdían no maxín cousas distintivas,máis aló da
vontade conciliatoria da nosa avoa, estrañas diferencias para un neno,
expresións de singularidade, matices, sinais claras ou sutís da variedade da vida
humana, no calidoscopio cultural que iremos desvelando, no fluír dos nosos anos
ao través do río do coñecemento. Vanse repetir aquelas dúas actitudes:  A que
procura uniformar, baixo certas ideas ou valores xenéricos que conveñen aos
seus intereses, a vida social dos seres humanos, coa coñecida estructurada
pirámide, na cal a primeira autoridade do vértice superior vai ser un deus
patriarcal, macho machísimo, seguido polo gobernante: rei, dictador, presidente
ou primeiro ministro; 

A que sobrancea a diversidade coma fonte
imprescindíbel de arrequentamento cultural, entendendo,sobor de todo, que as
diversas linguas non son froito da arbitrariedade dos falantes, senón expresión
necesaria e coherente da propia cosmogonía, visión do home e da natureza
segundo se conxuga e pronuncia o discurso vivo e cambiante da existencia. A
mesa, como a boa amizade fraterna, é transversal e democrática. Os poderes
procurarán establecer e ficar semellantes hegemonías, baseadas na pirámide
quecren incólume, ao longo da historia. O imperio é 
xemplar dos mexicas – mexicanos hoxe- fillos
de Malinche vulnerada e de Hernando Cortés violador,orgullosos da súa
ascendencia indíxena i altivos e desconfiados en fronte dos“gachupines” europeizantes.
No noso Chile, a conquista militar dos
hispanos, na súa maioría estremeños e casteláns, detivérase na marxe norte do
ancho Bío Bío, aínda que as súas lexións tiñan fundado precarias vilas austrais,
coma Valdivia e Chiloé (a Nova Ga-licia do lucense Rodrigo de Quiroga e Camba).
Os Mapuche (xente da terra, segundo asúa toponimia e ao seu mitofundacional da
Terra Nai) sonos primeiros e únicos indíxenas que non cren na imaxemetafórica
do invencíbel “centauro español”. Así, armados de longos varais de coli-güe
(bambú chilensis), derruban aos aceirados xinetes e móenlles a paos, para
montar  logo nos seus cabalos e facé-rense os mellores xinetes da América do Sur.
Desenrolan con éxito unha longa guerra de guerrillas, de axeitados contragolpes,
aproveitando os seus poboados provisionais,coma tendas de campaña transhumantes
entre boscos impenetrábeis e cordilleiras nevadas… Nos albores do século
XVIII, a nación Mapuche supera o millón de indivi-duos (hoxe quedan pouco máis
de catrocentos mil) i ocupa amplos territorios, vivindo daquela a liberdade
dos fillos da terra, da súa configuración de tribos indomábeis,non suxeitas a
goberno central ningún, agás para defenderen o seu Mapu, a terra nai, xa fora
de invasores incas ou de españois.

O seu status cambiou violentamente, mercede
ao asedio usurpador das tropas mestizas chilenas –daquela triunfadoras na Guerra
do Pacífico (1879-1884), contra os peruanos e bolivianos e que vencerán
militarmente aos Mapuche, pola primeira vez na súa historia, para favoreceren,
sobre todo, aos novos colonos europeos, feito que, con técnicas e ropaxes
postmodernos, séguese a repetir ata os nosos días, baixo unha soa bandeira, a do
Midas Transnacional, sen faciana nin nacionalidade, cuxos súbditos coinciden
–aínda que sen maior análise epistemolóxico- en que moitas especies animais
vanse extinguir, de maneira “natural” e irremediábel, do mesmo xeito cas etnias
e as linguas menos afortunadas, que foran derrotadas nas guerras de conquista,
nos campos de batalla e nas aulas do ensino usurpador. Vencedores e vencidos:
non cabe non unha terceira categoría.
Sempre en Galiza era o libro de cabeceira do
noso pai, que nos lía nas sobremesas dominicais:


Prohibíchedes o galego nas escolas para
producir no espírito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade,
facéndolles crer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar
ben. Expulssáchedes o galego das ei- rexas, facendo que os representantes de
Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o povo non falaba nin
comprendía ben…


Istas verbas do noso Castelao pódoas calcar
nas palabras que Carlos Lincomán, lonco Huilliche, dixérame hai vintecinco
anos, navila de Compu, en Chiloé, respecto aos nenos veliche que ían ás
escolas chilenas, onde o mapudungun, a lingua da terra, era arrancada das súas
conciencias coma “fala bárbara”, baixo a bulra i o sarcasmo dos nenos mestizos e
dos mestres ignaros. A televisión amósanos decotío as imaxes manipuladas da folga
de fame que aínda manteñen os comuneiros indíxenas (que boa
verba revolucionária, “comuneiro”!). Eles son chamados “terroristas”, e
aplícaselles o rigor sinistroda xustiza militar, mentres a policía
militarizada chilena, ao mellor xeito dos tempos da dictadura de Pinochet,
estende sen reparos a súa brutal represión en contra de homes, mulleres, nenos e
anciáns, polo único delito de loitar pola súa terra, pola súa lingua e
dignidade… A mentira mediática é hoxe un poder aínda maior que o das armas, ben o
sabemos. Mais, se a memoria empéñase en vencer o esquecemento, tamén o anceio de
vida ceibe quere superala morte… Tres décadas máis tarde que daquelas lembranzas
verbais e olorosas da miña nenez, lin i escoitei, gravada, unha conferencia de
Álvaro Cunqueiro que concluía, na súa ronca e pastosa voz de larpeiro, cunha
invocación, lanzada coma frecha carao porvir, máis aló dos malos augurios i
epitafios dos poderes totalitarios: “Mil primaveras máis para a lingua
galega”. Tantas como esas desexamos para o mapudungun, o idioma do bosco onde
aínda medran as xemas azuis dalúa fría, símbolo do advenimento da súa
liberdade no agromar das árbores no luar. Mais osbos desexos non abondan para
se faceren realidade; é preciso artellar as condicións políticas e sociais,
mediante a conciencia feita loita organizada. Quizáis hoxe o apoio das entidades
internacionais de dereitos humanos xogue ao noso favor e alcancemos os
obxectivos. Tamén partidos e agrupacións que axudan aos Mapuche, como o Bloque
Nacionalista Galego, vencellado co Walmapu, un dos principias colectivos
indíxenas de Chile e o mellor organizado politicamente, co propósito de
fundar o propio partido, xa que os primeiros habitantes de Chile non teñen
representación no Parlamento da República que hoxe celebra, con moita pompa, o
seu Bicentenario, de costas aos pobos aboríxenes… Cecais a nosa vontade, acendida
dende a lareira da estirpe labrega e mariñeira, aventada na fraga onde reina o
pehuén milenario, sexa capaz de facer xerminar os presaxios, feitos
vaticinio ventureiro, transformándoos na resurrección perdurábel dos fillos da
terra, eiquí e na outra beira do mar. Xuntos, imos vencer, compañeiros
mapuche, compañeiros galegos.



Santiago de Chile


Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *