O DÍA DA REPÚBLICA EN SADA


Como cada ano, este 14 de abril conmemoramos en Sada o aniversario da proclamación da II República, cunha ofrenda floral ante o monumento ás vítimas da represión franquista.
Interviron no acto os socios Xesús Castro (que coordinou, abriu e pechou o acto), Amable Carballeira, Xosé Val, Marisa Naveiro, Rexina Basadre e Manuel Pérez, con diversas alocucións sobre a data nas que destacaron as críticas coa xudicatura en relación ao proceso contra o xuíz Garzón, e coa lectura de varios textos de Ramón Suárez Picallo e Manuel L. Freire-Calvelo. Concluíu o acto co Himno.
Desde esta asociación agradecemos a todos os asistentes a súa presenza.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará