UNHA ESTRELA BRILLABA EN FONTÁN: LEMBRANZAS DE NADAL
Vanesa Santiago Vázquez Foi hai moitos anos. Xa preto de trinta. Naquel Nadal, moitas cousas eran diferentes. Para empezar, a xente enviaba postais por esas datas, e non mensaxes vía teléfono móbil (unha tecnoloxía aínda en cernes, mentres que agora moitos non imaxinan a vida sen ela). Non se colgaban bonecos vermellos de barbas brancas…