Publicamos este poema do escritor sadense Manuel Lugrís Freire (1863-1940)
Ribazo de Morazón
De penedos medoñentos
De triste recordazón,
Onde a ardentía do mar
Nas noites do triste inverno
Non se cansa de bruar,
Daime o voso fero son
Para espertar os galegos
Que inda teñen corazón.