O VERBO, por Manuel Lugrís Freire
No tempo en que Zoroastro recibía no ceo do deus Ormuzd “a palabra de vida” -seis mil anos dinantes do nascimento de Noso Señor Xesucristo-, había unha comarca fermosa e farturenta, nomeada Anthorque, que lindaba coas augas do mar Caspio. En ningures, non sendo no occidente de Iberia, podia hacharse terra máis deleitosa. As saudades…