O VERBO, por Manuel Lugrís Freire

No tempo en que Zoroastro recibía no ceo do deus Ormuzd “a palabra de vida” -seis mil anos dinantes do nascimento de Noso Señor Xesucristo-, había unha comarca fermosa e farturenta, nomeada Anthorque, que lindaba coas augas do mar Caspio. En ningures, non sendo no occidente de Iberia, podia hacharse terra máis deleitosa.

As saudades palas eidos nativos comenzaron a xurdir nas almas dos anthorqueses, que vagaban polo paradiso dos persas.

-Señor -dixéronlle unha vez a Ormuzd-, o ceo que nos donáchedes non pode ser mellor; mais nós temos lembranzas feridoras pala doce e doada terra de Anthorque. ¿Por qué, oh deus, non nos facedes a mercede de axeitar un curruncho deste ceo de maneira que teña os arboredos vizosos, as campiñas ridentes, as augas espellantes e quedas daquelas meigas terras nas que quedaron os nosos corpos mortás?
E Ormuzd viu que aquela era bo. Mandóu chamar ao arquitecto celeste, e fixo un ceo aparte pra os anthorqueses.

-Oh, meus deus Ormuzd -díxolle o porteiro maor-; podente é a vosa voluntade, que comprida será. Mais polo que toca a min, terá! unha grave dificultade. Como ese lugar é tan feiticeiro, todas as almas que entren no ceo cobizaránno. “De qué xeito hei de compoñerme pra que non entren nel máis que as almas dos anthorqueses?

E Ormuzd respondéulle:

-Unha sinal divina teñen as almas: o verbo, palabra de vida e de actividade que eisistía antes da auga, do ceo, da terra e de todos os animás. El distingue ás criaturas. Quen non fale o anthorqués non entrará no seu paradiso .
Quedóu convencido o porteiro. Un dia petaron na porta do ceo …

-“Quén chama?

-Un anthorqués que quer entrar na parte do ceo que lle corresponde.

-Ti non és anthorqués, porque falas o zendo.

-Eu son nado en Anthorque.

-Pois fala entón na túa língua.

-A non adeprendin, porque era fala de sudras.

-Pois daquela non entrarás. A sinal divina do verbo nativo non brila no teu espritu.

-¿E a dónde teño de ir entón?

-Ao inferno, que no ceo non poden ser ademitidos os desleigados que faltan á lei de Ormuzd.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *