A LENDA DA PASTORIZA por Emilia Pardo Bazán

Según Leandro CARRÉ ALVARELLOS,no seu libro As Lendas tradizonaes galegas, editado polo Museu de Etnografía e História, Junta Distrital do Porto, Porto, Portugal


“…A actual igrexa parroquial de Pastoriza no concello de Arteixo é moderna, edificada nos derradeiros anos do século XVII, mais sustituiu a outra anterior que era moi antiga, “antiguísima”, segundo di un documento dquela época.
Agora ben, a Virxe de Pastoriza gozou e goza aínda de grande popularidade, non só na Coruña, senón tamén nas bisbarras das Mariñas e mais de Bergantiños. E, como acontece con outros santuarios, ten a súa lenda que foi, quizais, a que máis sona deu a milagreira imaxe que con tantos devotos conta, como demostraban os contiosose curiosos exvotos que enchían hai algúns anos as paredes interiores da igrexa e aínda os teitos, dos que penduraban interesantes modelos de embarcacións de toda clase. É pena que teñan desaparecido aquelas mostras da fe popular e de testemuñas debidas tamén á sinxeleza dunha arte inxenua, simple mais interesante para o estudio da etnoloxía do noso pobo.
Nun curioso libriño publicado por dona Emilia Pardo Bazán o ano 1887, titulado La Leyenda de la Pastoriza, fai historia desta lenda e dí como o rei suevo de Galicia, Rechiario ou Requiario, primeiro rei cristiano da Hispania, fundou a igrexa de Pastoriza na que se adoraba unha imaxe da Virxe….”

– Ler copia dixitalizada de A LENDA DE PASTORIZA

– 


Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *