OUTRO VILANCICO DE RICARDO FLORES

RICARDO FLOREZ PÉREZ naceu en Sada de Arriba no 1903 e, emigrando cando novo, morreu en Buenos Aires no 2002, logo dunha vida dedicada de cheo ao desenvolvemento da cultura galega alén mar. Dramaturgo, narrador, xornalista, etc., tamén tivo a súa faceta como recompilador da líria popular e como creador de composicións musicais propias.

Nesta ocasión presentamos un novo vilancico, do que Ricardo Flores é autor da letra e da música (asina co seudónimo de Herre Chiquelo).

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *