A ESTREA DUNHA OBRA DE RICARDO FLORES
Tal día como hoxe, un 9 de xullo de 1938, en plena Guerra Civil, o comediógrafo sadense Ricardo Flores estreaba en Buenos Aires, no salón da Casa Suiza, Un ovo de dúas xemas, peza en dous actos, interpretada polo conxunto escénico da Sociedade Coral Os Rumorosos. Representaríase logo en numerosas ocasións nas diversas entidades da colectividade…