UNHA CARTA DE R. SUÁREZ PICALLO A FRANCISCO REGUEIRA -2-

Publicamos esta carta que lle envía desde Santiago de Compostela Ramón Suárez Picallo ao seu amigo en Buenos Aires Francisco Regueira. Neste intre, Suárez Picallo era deputado, aínda que as cortes disolveríanse en decembro e el non renovaría a súa acta.
A carta foi previamente publicada en Orientación Gallega de xaneiro-febreiro de 1964 polo propio Regueira. Agradecemos a Hernán Díaz que a trasncribira e nola achegara.

Santiago de Compostela, 28 de septiembre de 1933
Sr. Francisco Regueira:
Meu querido amigo:
O Partido Galleguista aumenta dia a dia a zona dos seus amigos. Cada dia aparece máis nidia a sua misión rectoral e vanguardista na política galega. Pr-o ainda non “conta” nos cálculos electorales dos amañadores de elecciós. De total-as maneiras, na loita electoral que se aveciña fará un reconto de forzas e poida…, poida que dea sorpresas. É posíbel que as Cortes se disolvan un dia d’estes… Por eso convén que me escribas a Sada onde pasarei a “invernada”.
Blanco Amor eiquí anda. Pasóu un mes en Sada. Tivemos pr-á ti e pr-á todol-os bós e xenerosos dáhi lembranzas agarimosas. Unha noite ceamos na miña casa Alonso Ríos, Pita, él i-eu. Noite de revista xeneral a todos vos. Recordos i-esperanzas.
Nada mais por oxe. Recordos a todos e pr-á ti, meu dilecto amigo i-animador, unha apreta fonda, moi fonda, de
Suárez Picallo
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará