Caderno de Estudos Locais 15

Nº 15. Marzo de 2014

CADERNOS DE ESTUDOS LOCAIS Nº 15
FESTAS DE ENTROIDO

O ENTROIDO EN SADA
A COMPARSA <<OS MALEANTES>>

AAVV



INTRODUCIÓN


Neste caderno que tedes nas mans imos falar do Entroido. Coma sabedes estas festas, de datas variables, ben en Febreiro ou coma este ano en Marzo, teñen unha ampla tradición e unha dilatada historia.


Falase que xa as facían os sumerios e os exipcios. Os gregos celebraban as dionisíacas, e os romanos máis tarde as saturnais e lupercais, todas elas caracterizadas polo epicureísmo, o goce dos praceres da vida, a transgresión e a liberdade sen barreiras. E todas elas estreitamente vinculadas
o noso Entroido.


Na tradición cristiá, e máis concretamente nos países de raigañas católicas, viñan a representar un período de tempo, co cru inverno a piques de rematar e a señora Coresma cos seus rigores albiscándose, asomando o bico, cheo de transgresión, liberdade e troula.


Na nosa Galicia, temos unhas festas de Carnestolendas variadas e dunha riqueza antropolóxica importantísima. Porén, por enriba desta variedade, ca que se podía facer un mapa das diferentes tipoloxías, os galegos comparten unha afección común polos pratos do Entroido. Cocido, lacoadas, filloas, doces ou salgadas, orellas, bicas, son para nós referencias gastronómicas polas que devecemos. E o bo viño. E a troula. E a celebración da liberdade na rúa.


Estes esparcementos populares eran pouco compatibles cunha ditadura coma a franquista e o seu nacionalcatolicismo. O Entroido foi proscrito, rachando deste xeito cunha tradición que no caso de Sada traducíase na presenza das comparsas na rúa cos seus apropósitos, pezas nas que se facía crítica e inda escarnio de aspectos da realidade.


Despois do remate da Ditadura, nos anos que van desde os derradeiros setenta os primeiros oitenta do pasado século, un grupo de sadenses, novos e menos novos, mulleres e homes, decidiron que xa era hora de volver a celebrar o Entroido. Organizáronse para facer comparsas. Fixeron vestidos e traxes. Escribiron historias, apropósitos de intención satírica. Armáronse de instrumentos musicais. E saíron a rúa. Para facer súa a liberdade, a transgresión e a troula.


E precisamente grazas a algúns deles dispoñemos hoxe do material que fai posible este caderno, e outros que confiamos sacar nos Entroidos seguintes. Letras, fotografías, lembranzas da celebración do Entroido na nosa vila.


Se despois da lectura deste caderno éntranvos ganas de saír a rúa afacer, repichoca, a troulear, a gozar con todos os sentidos, a facerlle o cumprimento necesario o bo viño e o mellor xantar, cumprirase a intención deste caderno; e a daqueles nosos veciños que hai xa trinta anos reverdeceron a celebración do Entroido na nosa querida Sada.


Se ademais mentres trouleades considerades necesario que no futuro nos xuntemos, nos organicemos para volverlle a facer honra coma merecen as Carnestolendas, moito mellor.


Xaime Rodríguez




1979

Somos os maleantes
que o queremos pasar ben
e todos que nos escoiten
que o pasen eles tamén

Señores aquí chegamos
despois de faltar un tempo
para que nestes carnavales
todos o pasen contentos

Escomenzamos a historia
co conto das municipales
despois de putear ao pobo
todos queren ser alcaldes

Resulta que nese chope
debe haber algo raro
todos andan apurados
por ver quen colle o escaño

De dereitas ou de esquerdas
do centro ou independientes
todos queren ser alcaldes
pra ver de joder a xente

Eso vamos a deixalo
pois non é cousa nosa
o día das eleccións
a ver como queda a cousa

Vamos a falar ahora
do que pasa neste pobo
que din que non pasa nada
pero aquí pasa de todo

Empezando co relleno
que hai diante o axuntamento
si nos deixamos un pouco
lévao todo o mal tempo

Decían os entendidos
que esa era unha gran obra
pois si ben outro mal tempo
lévanos hasta a Barrosa

Tratamos de divertirnos
vellos e mozas iguales
non queremos que se enfaden
estamos nos carnavales

* * *
Nun piso franco do pobo
que non era nin de E.T.A.
unhas mulleres de aquí
refrebagan ven a teta

A cousa lles daba gusto
por eso elas o facían
hasta que nos enteramos
e descubreuse a tortilla

Os pais que teñan conta
cas rapazas mui noviñas
que lles din que van pra o cine
e entran as cafeterías

Esa non é cousa boa
por agora pra esas nenas
pois hai moito espabilado
que xa nada a caza delas

Tamén podemos dicirlle
ao pai que teña algún fillo
que ande con conta con el
pois podo fumar un porrillo
Con eso da democracia
nos non queremos falar
porque pra máis desgracia
no nos deixan traballar

Pero tamén lles diremos
que o que ten aquí o carto
quere que o traballador
ande como sempre arrastro

Eso xa non pode ser
porque aquí o que traballa
e cumple co seu deber
ten que fanar pra comer

Esta vida que levamos
din que é un adelanto
si se levantaran os mortos
morreu outra ves de espanto

Todo esto que dixemos
non hai mentiras nin verdades
volvemos a repetir
que estamos nos carnavales
Orixinal de José Antonio FERNÁNDEZ (Tucho)




1980

Señores equí estamos
de coña e con bon humor
pra que nestes carnavales
veñan a chorar con nós

Escomenzamos este ano
queimándonos no inferno
pois avivaron o lume
os ministros do goberno

Pois todos eses señores
“elexidos polo pobo”
son os mismos que había antes
pero máis cargados de bombo

Nos cortellos de Madrid
que eles lles chaman as Cortes
parecen todos porquiños
disfrazados de señores

Pois o señor Presidente
con pinta de bonachón
fai o que queren os ricos
e joden a toda a nación

Tamén vamos a falarlles
o que pasa con hacienda
que obligan a declarar
os que non teñen nin perra

En cambio os señoritos
os que teñen os millóns
arreglan todo as caladas
e non fan declaracións

Con eso da gasolina
señores que papeleta
temos que deixalo viño
e andar en bicicleta

ESTRIBILLO
Tarari que te vi
Tararí que te vi
Tararí que te vi
Trarí

* * *
Non sei que teñen pensado
facer aí no relleno
resulta que non fixeron
nin un xardín pra os nenos

E antes de que se perda
lles damos a solución
pois o que poden facer
é un campo de aviación

Tamén tuvemos nas festas
unhas corridas de cuxos
con toreras de gran talla
e espontáneos como o Puso

Saleu «El Niño de Sada»
con un estilo estudiado
pero turroulle a vaquiña
e mandouno pro carallo

A vaca sabía de todo
pois causaba gran terror
e tuveron que matala
en lucha contra un tractor

* * *
Vámoslles falar agora
que nos dan ca autonomía
sin estar mui enterados
xa nos entra a cagarría

Pois por moito que pidamos
atáronnos ben as mans
xa todo llo teñen dado
a vascos e cataláns

Co estatuto señores
queren facer un amaño
sen despreciar os demais
mándannos para o carallo

E a Suárez lle decimos
que non use máis o peine
pois de esos menesteres
xa se encarga o Jomeine

Pois berramos con orgullos
pra que todos nos escoiten
no nos facerán tragar
anque votemos de noite

ESTRIBILLO
Tararí que te vi
Tararí que te vi
Tararí que te vi
Trarí

Autor e compositor: «Tucho»


1981
O noso Sporting querido
é un equipo de primeira
viaxa polo estranxeiro
por ejemplo a Venezuela.

Tamén foi o noso alcalde
ca súa Corporación
pois salíronlles de jeta
os villetes de avión.

Os do Sporting lles dixeron
que non querían problemas
pois para eso a San Roque
lle puxeran unhas velas.

Hasta que María Victoria
foilles joder a cuestión
pois no medio dunha festa
votou unha disertación.
Sin embargo o viaxe
debeu de ser unha mina
pois xa teñen preparado
outro paseo a Arxentina.
Tres cousas hai neste pobo
mui dinas de ademiración:
A terraza, o relleno
e a nosa Corporación.

Todas en moi mal estado
e con moi poucas funciós
pois xa levan moito tempo
tocándonos os collós.

Din que a Terraza señores
non temos nada millor
hasta hai xente interesada
en levala pa Nueva York.

Sin embargo o relleno
menuda calamidad
vánnolo estropear
facendo outra sociedad.

Pois a que teñen agora
quérena facer tan grande
que hastra os nenos e nenas
non poden xogar no parque.

E que vergoña señores
non lles chegaba o terreo
puxeron unhas estacas
e fixeron un cortello.

Señores pra rematar
vámoslles pegar un berro
que teñan conta en Madrid
non vaia voltar Tejero.







No presente número dos Cadernos de Estudos Locaisrecompilamos materiais correspondentes ao Entroido dos anos 1979, 1980 e 1981. Textos e imaxes que son produto do quefacer da comparsa “Os Maleantes”, fundada ao abeiro da Asociación de Cine Castelao nese último ano da década dos 70 e nese momento no que tivo lugar a recuperación do noso Entroido. En próximas edicións iremos ampliando o abano cronolóxico cara tempos máis recentes e cara épocas máis remotas.
Partillar