Isaac Díaz Pardo

__________________________________________________________________________
 
Na derradeira sesión do ano 2020 o Honorable Concejo Deliberante do partido bonaerense de Magdalena aprobou por unanimidade a ordenanza de imposición do nome de Isaac Díaz Pardo a unha rúa e os de Santos Casado e Manuel López de Ben a unha pasaxe da cidade cabeceira do distrito. Trátase dunha homenaxe na trama urbana ao fundador e director da fábrica Celtia S.A. – Porcelanas de Magdalena e dous dos seus colaboradores mais destacados, quenes chegaran desde Galicia a fins dos anos 50 para levar adiante o proxecto industrial e cultural onde tamén naceu o Laboratorio de Formas de Galicia

__________________________________________________________________________

Os Cadernos de Estudos Locais adicados a Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo. Correspondencia con Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer
Número 33. Agosto 2020.

Unha ofrenda floral con música e poesía, en Boisaca homenaxe a Isaac Díaz Pardo no sétimo cabodano
Número Extraordinario. Abril 2020.

Homenaxe a Isaac Díaz Pardo no sexto cabodano
Número Extraordinario. Novembro 2018.



Opúsculo agradecido. Palabras para Isaac Díaz Pardo no IV cabodano do seu pasamento
Número Extraordinario. Xuño 2016.



Pombas e mazás: Palabras para Isaac Díaz Pardo no III cabodano do seu pasamento
Número Extraordinario. Abril 2015.

Chovía en Boisaca: Palabras para Isaac Díaz Pardo no II cabodano do seu pasamento
Número Extraordinario. Abril 2014.



Isaac en Sada: Documentos
Número Extraordinario. Xaneiro 2013. 





Isaac Díaz Pardo e as Cerámicas do Castro. 
Número Extraordinario. Febreiro 2011. Xosé Díaz

__________________________________________________________________________

Publicacións de interese

Isaac Díaz Pardo: Creador total
Selección bibliográfica co gallo do “Día da
Ciencia en Galego”
Novembro 2013

 

 
 
 
                                            ______________________________________________________________



Galeria de imaxes da A.C. Irmáns Suárez Picallo con Isaac Díaz Pardo

Ano 2008. Xornadas Irmáns Suárez Picallo (Mesa redonda)
Ano 2011. Presentación do Caderno de Estudos Locais “Isaac Díaz Pardo e as Cerámicas do Castro” (cartace) 
Ano 2016. A AC Irmáns Suárez Picallo en 
Boisaca, no cabodano da morte de Isaac Díaz Pardo 
Ano 2017. A AC Irmáns Suárez Picallo en Boisaca, no cabodano da morte de Isaac Díaz Pardo 
Ano 2018.A AC Irmáns Suárez Picallo en Boisaca, no VI cabodano da morte de Isaac Díaz Pardo 

__________________________________________________________________________



Isaac Díaz Pardo en Areal. Revista Cultural de Sada

AREAL Revista Cultural de Sada. Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo

Unha escultura de Isaac Díaz Pardo na Alamadeda de Santiago en conmemoraración do centenario do seu nacemento.   Redacción Areal.  02/08/20 A escultura, obra de César Lombera, colocouse provisionalmente no camiño que discorre entre o paseo dos Leóns e a carballeira de Santa Susana, na que se atopa a estatua de Castelao; á altura das escaleiras metálicas. Sentado nun banco, Isaac Díaz Pardo mira a cidade histórica, dende un espazo que representa a conexión entre a súa realidade, Compostela, e os seus ideais, representados en Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos seus referentes a nivel político, persoal e artístico.  …   Ler mais

Calros R. Silvar. “Foi un orgullo participar nun proxecto erguido por Seoane e Díaz Pardo.   Redacción Areal.  14/04/20 No contexto do centenario de Isaac Díaz Pardo, entrevistamos a Calros R. Silvar. Debuxante, ilustrador, humorista gráfico, divulgador ambiental, escritor… Durante 30 anos desenvolveu a súa traxectoria profesional como deseñador cerámico do Grupo Sargadelos, na factoría do Castro, o que o levou a vivir en Sada e a participar activamente en diferentes proxectos asociativos.  …   Ler mais


Isaac Díaz Pardo, manancial de humildade e xenerosidade.   Loli Beloso Neira.  14/04/20 Foi un 22 de agosto de 1920 cando espertou á vida Isaac Díaz Pardo, un neno que dende que tivo uso de razón dedicou a súa vida a Galicia e aos demais. Sendo moi pequeno, amosou unha gran capacidade de observación. Tiña curiosidade por saber. Por aprender. .  …   
Ler mais

Exposición “As miradas de Isaac”. Centenario de Isaac Díaz Pardo. Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.   Xosé Díaz Arias de Castro.  14/04/20
A exposición «As miradas de Isaac», proxectada polos seus fillos Camilo e Xosé Díaz Arias para conmemorar o centenario do seu nacemento, ideouse para comunicar a desbordante personalidade deste polifacético creador, sempre desde unha visión integradora e unha firme defensa dos valores máis auténticos de Galicia, aos que se entregou sen descanso ao longo da súa fértil existencia.  …   Ler mais






A rapaza que vendía peixe e me viña a pousar de modelo núa.   Isaac Díaz Pardo.  14/04/20
Logo da posta en marcha das Cerámicas do Castro, Isaac Díaz Pardo decidiu emprender un novo proxecto industrial en Arxentina. Unha aventura transoceánica coa que poñer en contacto dúas realidades forzadas á distancia pola ditadura: a da Galicia interior e a da Galicia do exilio.  …   Ler mais

Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo: unha simbiose única no panorama da cultura galega do século XX.   Xosé Díaz Arias de Castro.  14/04/19

Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo se reencontraron en Bos Aires a finais do ano 1955, cando o primeiro viaxou por primeira vez á República Arxentina para …   Ler mais

A Luis Seoane (breve loanza da súa obra e certa atención á súa poesía).   Xoán Xosé Fernández Abella.  14/04/19

Ou!, fillo de emigrantes, naciches en Bos Aires, e ós seis anos trouxéronte para a Patria galega.
Pola Guerra Incivil tiveches que exiliarte,”O pintor eisilado” do “Fardel do eisilado” facendo de Bos Aires a túa patria no exilio e rachando o silencio que en Galiza imperaba.
Foi nos anos sesenta o teu regreso a España.    Ler mais

Museo de Arte Contemporaneo Carlos Maside (Sada) 48 anos despois.   María América Díaz Pampín.  14/04/18

Celebrando a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) para o Museo Carlos Maside consideramos que é necesario e urxente votar a vista atrás e recordar a importancia que supón ter no noso concello un Museo como o Carlos Maside. Desde o edificio que o alberga, obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat, ata a colección de artistas galegos que ocupan as súas salas, o Carlos Maside foi nun tempo referencia cultural en Galicia …   Ler mais

Unha carta e un cablegrama de Ramón Suárez Picallo a Camilo Díaz Baliño.   Redacción Areal.  14/10/17

A relación entre Suárez Picallo e o artista plástico Camilo Díaz Baliño, afincado en Compostela, xorde a mediados dos anos 20, motivada polo ideal común nacionalista. Coñecéronse no ano 1926, no transcurso da visita que Ramón fixo a Galicia. Daquela, co obxecto de entrevistalo para o xornal El Despertar Gallego de Buenos Aires, o sadense visítao na súa casa da rúa das Hortas:…   Ler mais

Do local ao universal. Isaac Díaz Pardo: unha idea orixinal do deseño na era da globalización.   Xosé Díaz Arias de Castro.  14/10/17

Un xenio anda solto: pintor, deseñador, ceramista, escritor, ilustrador, editor, animador cultural, empresario de éxito… Isaac Díaz Pardo (1920-2012) realizou, a grandes trazos, arquitectura de vangarda, deseñou ….   Ler mais

Obituario de Mimina.   Carolina Díaz Ripoll.  14/04/14

Carme Arias de Castro Montero, Mimina, naceu o 15 de abril de 1921 na Coruña e finou o 1 de novembro de 2013 no Castro. É a terceira de catro irmás. A súa infancia transcorreu entre a Praza de María Pita e o Castro de Samoedo, onde pasaba os veráns no pazo de seu pai, don Alicio, un home profundamente conservador e católico que era moi amigo de Germán Díaz Baliño (violinista) que non tardou …  Ler mais

Retrato de María Pita – Isaac Díaz Pardo   Xose Díaz Arias de Castro.  14/04/14

A raiz da exposición que Isaac fai no Concello da Coruña en 1947, o recén nomeado alcalde da cidade, Alfonso Molina, encárgalle dous retratos de María Pita, un para a colección municipal e outro para a galería de personaxes ilustres do Museo do Exército. Os cadros parecen idénticos, pero non o son: poden apreciarse diferenzas nas pincelas e na cor….   Ler mais
 

 

Dous retratos inéditos da autoría de Isaac Díaz Pardo   Xose Anxo Seoane Cao.  14/04/13

Nada máis iniciarse a guerra civil (1936) Camilo Díaz Baliño, pai de Isaac Díaz Pardo, foi detido e preso no cárcere de Santiago de Compostela xunto con outros personaxes destacados como Ánxel Casal. O mozo Isaac, xunto coa súa nai Antonia e a súa irmá Mercedes, refuxiáronse na Coruña. Isaac na casa que o seu tío paterno Indalecio tiña na praza de Pontevedra. Neste tempo, Isaac Díaz Pardo (16 anos),…   Ler mais

Isaac.   Xosé Neira Vilas.  14/04/12

Dicíame Otero Pedrayo en Buenos Aires que cando un chega a certa idade o que máis doe son os amigos que se van indo, e repetía o verso de Cabanillas, “polo vieiro que nunca se desanda”. El tiña setenta e tres anos e eu era un mozo. Hoxe comprendo mellor o alcance da frase.   Ler mais

 
 
Isaac Díaz Pardo, mecenas da cultura antifranquista.   Xesús Alonso Montero.  14/04/12
Urxe falar desta faceta, moi pouco tratada polos estudosos e descoñecida por moitos. Voume referir, no presente artigo, a…    Ler mais
Díaz Pardo no meu pensamento e no meu corazón.   Xosé R. Barreiro Fernández.  14/04/12
Xa conta Díaz Pardo cunha selecta biobibliografía que, sen dúbida, crecerá despois da súa morte. Faranse teses de doutoramento, publicaranse ensaios e, en cada aniversario da súa morte, os medios de comunicación engadirán algo novo que complete a súa biografía. Sen agardar ao ditame da posteridade, quero expoñer neste artigo o privilexiado lugar que no meu pensamento e no meu corazón ten a súa memoria.  Ler mais
O museo Carlos Maside.   Xosé Ramón Fandiño.  14/04/12
O Museo de Arte Galega Contemporánea Carlos Maside, ubicado no complexo cultural do Castro de Samoedo de Sada, foi concibido en Bos Aires por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo como unha iniciativa do Laboratorio de Formas de Galicia…   Ler mais
Díaz Pardo, Suárez Picallo… na memoria de todos, a gran perda de Sada.   Baldomero Iglesias / Xosé Luis Rivas.  14/04/12
Debo manifestar, agora xa desde o principio, a miña admiración por Isaac e tentar algo desde a miña subxectividade e amizade que sirva de trazo evocador da súa grandeza xenial e humana desde tan pequeno e humilde molde. Coñecino hai xa ben anos, en Sargadelos, o seu fogar e lugar de denodado traballo…  Ler mais
Isaac Díaz Pardo. Luz e lume de Galicia.   Edmundo Moure Rojas.  14/04/12
Foise o penúltimo dos grandes galeguistas republicanos do século XX, Isaac Díaz Pardo, a comezos de xaneiro, como o fixera, hai sesenta e dous anos, Alfonso Castelao, no seu exilio de Buenos Aires. Outra época, outras circunstancias, pero o mesmo síntoma: o poder, en Galicia e no resto de España, está disociado dos grandes artistas, creadores e xestores culturais….   Ler mais
 
Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo.   Claudio Rodríguez Fer.  14/04/12
Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo: 
Escribo ao antigo Castro de Samoedo 
sobre o unánime corpo dos galaicos, 
outra vez cerámica escachada 
a golpes de usura e desmemoria….   Ler mais
A Don Isaac Díaz Pardo no día do seu pasamento.   Manuel Suárez de Concha.  14/04/12
Fúcheste coma o vento silandeiro 
despois de noventa primaveras 
nun día frío e triste de xaneiro, 
e calaron para sempre as túas verbas, ….  Ler mais
 
 O traballo en silencio.   Ricardo Seixo.  14/04/12
No arrecendo dos anos primeiros
pólvora e tristura.
Pola estrada da vida
non hai beirarrúas,
e os mortos nas cunetas
falan da paisaxe que pinta o fascismo….   Ler mais
__________________________________________________________________________


Isaac Díaz Pardo na Hemeroteca
 
 
Felipe Senén, museólogo e Técnico De Xestión Cultural publica na sua sección O labirinto do alquimista do diario La Opinión este artigo no que cuestiona e se pregunta sobre o inxente legado de Isaac… La Opinión A Coruña. 16-03-2014
 
 
 
Homenaxe ao fundador de Sargadelos . El Correo Gallego. 05-01-2014

 
Felipe Senén, museólogo e técnico de xestión Cultural, publica no xornal LA OPINIÓN -na sua sección O Laberinto do Alquimista- o seguinte artigo sobre Isaac Díaz Pardo.  La Opinión A Coruña. 11-03-2012
 
 
 
Incluimos hoxe o texto de Rosa Aneiros lido na homenaxe a Isaac Díaz Pardo organizada no Museo do Pobo Galego o día 15 de febreiro de 2012.  
Ver texo en Praza Pública. 17-02-2012  Ler nova no xornal El Ideal Gallego. 15-02-2012
 
 
__________________________________________________________________________
 

Multimedia

 
 
Ver folleto da exposición organizada pola Deputación de Lugo 
 
 
 
Deixamos a ligazón a unha versión reducida do documental de Xosé Abad
 
 

Con motivo do Ano Isacc Díaz Pardo (2020) establecido para conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo programou unha serie de actividades e publicacións. Entre elas unha exposición sobre a vida e obra deste polifacético artista.

Desde aquí podes acceder á exposición completa en diferentes formatos.

Partillar