Poema

 Emma Pedreira 

Proba 

–desafíote–. Proba a escribir un poema de nós e que non diga pel labios dedos 

que non diga sede e dano 

que pase por ti e non fracture cada sílaba da lingua mentres se enlea nun cabelo solto 

que ignore que hai centímetros salgados e poros comburentes. 

Proba a eliminar a palabra corpo cando fales do meu corpo e a non dicir 

escuridade e salouco cando peches os ollos. Perfebas 

por lamber, beizos indignos e tolos. 

Desbota todo, desde os verbos rematados en –ar
ata a espiral da arritmia.
Aposto a que non sabes dicir sen dicir da pube unha situación exacta entre ritmo
e carencia. Que dis premer pero non podes calar mamila, escápula,
xeonllo. Agocha tras das túas nádegas letra por letra
boca e cona e dentes e axila
e degusta, como fai a invidencia, con outro
sabor no padal todas as demais maneiras
de decidir como electrificarse.

Agora, faino ti.

Proba
–desafíote–. Proba a escribir un poema de nós e que non diga______ labios __________,
que non diga sede e____
que pase por _______ e non fracture cada ______da _____________ mentres se enlea nun _______,
que ignore que hai centímetros ______ e __________.
Proba a eliminar a palabra ______ cando fales do meu ______e a non dicir
escuridade e ________cando peches os ollos. _______
por lamber, _______ indignos e tolos.
Desbota _______, desde os _________
ata a espiral da ______.
Aposto a que non sabes dicir ______ sen dicir da _____ unha situación exacta entre _____
e ____. Que dis _______ pero non podes calar _______, _______,
________. Agocha tras das túas nádegas letra por letra
boca e ____ e _____ e _____
e degusta, como fai a invidencia, con outro
sabor no padal todas as ________
de decidir como _________. 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *