O PAZO DE MEIRÁS, A RUPTURA DA FALSA LEGALIDADE DO RELATO FRANQUISTA

Fernando Souto Suárez 1Irene Tomé Urresti 2

1 Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña | 2 Xornalista, investigadora sobre Memoria e Discurso na USC, membro da CRMH

 

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña estimaba, no mes de setembro de
2020, a demanda do Estado e condenaba os herdeiros do ditador a lle devolver a
aquel o Pazo de Meir
ás, deixando claro que esta adquisición, tal e como di a demanda, foi «unha venda simulada» realizada nun contexto de
represi
ón. Agora ben, este proceso de recuperación significa algo máis: o cambio dun relato asentado na falsa legalidade franquista que comezaba hai máis de 80 anos. 

O Pazo de Meirás é un exemplo máis de espolio doutros moitos lugares que seguen
pertencendo
á familia Franco, como a Casa Cornide, na Cidade Vella da Coruña, e que adquiriron por medio de falsas doazóns e mediante un modus operandi que merece o máis firme rexeitamento tanto por parte da cidadanía como da xustiza, que vén de dar a razón a esa última, despois de moitos anos esixindo a recuperación deste inmoble. 

Neste artigo explicaremos como se levou a cabo o proceso de recuperación do Pazo de Meirás, facendo fincapé na especial participación da cidadanía, un modo de proceder que acuñamos co nome de «Método Meirás»1. Destacamos tamén a importancia deste proceso, por un lado, á hora de recuperar un ben usurpado e, por outro, á hora de mudara falsa legalidade do relato franquista. No ano 1938, en plena Guerra Civil, que remataría cuns 5.000 asasinados, 1.600 condenados a cadea perpetua e milleiros de persoas represaliadas 2, as autoridades coruñesas comezaron a ver a Franco como gañador da contenda, e viron a oportunidade de facer das Torres de Meirás un lugar para que o futuro Xefe de Estado e os seus achegados pasasen longas estadías. A adquisición do inmoble preparouse coa conivencia do gobernador civil, Julio Muñoz, xunto coa de diferentes autoridades,
como o por aquel ent
ón enxeñeiro Alfonso Molina ou o vicepresidente
do Banco Pastor, Pedro Barri
é de la Maza, entre outros, que
formaron a
Junta Pro Pazo e que farían das Torres de Meirás a residencia doXefe do Estado,
da s
úa familia e da nova elite que estaba ao seu
car
ón, durante máis de 80 anos. Na
s
úa orixe, as Torres de Meirás foran propiedade da condesa Emilia Pardo Bazán, que as remodelaría para usalas como espazo de
creaci
ón literaria onde se xuntaban intelectuais,
xornalistas e personalidades da vida pol
ítica e cultural. Falecida en Madrid, en
1921, o pazo pasou a ser propiedade dos tres fillos: Jaime, Blanca (vi
úva do xeneral Cavalcanti, falecido en San Sebastián) e Carmen (viúva de Torres de Cela). Ao
faleceren Carmen, en 1935, e Jaime, asasinado en Madrid en 1936, o Pazo pasar
ía a ser propiedade de Blanca Quiroga e Manuela EstebanCollantes, viúva do
primox
énito Jaime. Estas últimas propietarias decidiron iniciar as negociacións coa Compañía de Jesús para que as Torres de Meirás foran
destinadas a uso relixioso. Neste punto foi cando a
Junta Pro Pazo, promovida polo Goberno Civil, decidiu
adquirilo para llo doar ao que rematar
ía por ser Xefe de Estado.

Tal e como sinalan Babío Urkidi e Pérez Lorenzo (2018) «o interese das elites coruñesas pola
idea de ter ao ditador preto era evidente
» 3, as présas caracterizarían todo o proceso de adquisición. Por iso, o 31 de marzo de 1938 os medios informaban deste
agasallo e ata un diario de Compostela aproveitaba 
«para lembrar que se trataba dun agasallo de toda a
provincia
» 4. Tamén, o 1 de abril de 1938 La Voz de Galicia publicaba unha ampla reportaxe sobre a historia do Pazo de Meirás na que se falaba das virtudes deste inmoble. 

A prensa
galega comezar
ía a poñer o foco en Meirás como lugar ideal para o futuro Xefe do Estado dunha maneira
moi concreta, resaltando a
«doazón» cedida por un «pobo entusiasmado». Non é ata finais de ano, no mes de decembro, cando Franco visita
Galicia, a Catedral de Santiago de Compostela e o Pazo de Meir
ás, aproveitando a viaxe para tomar posesión deste inmoble. Para esta viaxe, os medios retomarán este discurso e publicarán fotografías do pergamiño «que
conmemora o acto de ofrenda das Torres
», exposto nun comercio da Rúa Real para que a cidadanía puidese
ver esa cesi
ón «voluntaria». Durante esta visita no mes de decembro, os medios fan constantes
referencias
á emoción da cidadanía con esta visita de Franco, así como da cesión de Meirás, xa que semella que foi «un pobo emocionado» quen cede un pazo ao futuro Xefe de Estado, tal e como recollen
os seguintes extractos: 

«Reconquistada ya España para Dios, para el Imperio y la revolución nacional», Franco terá máis tempo para «reposar de
la fatiga de la guerra
» nas Torres de Meirás. [] «Galicia en general y Coruña en particular
rebosan satisfacci
ón y agradecimiento. El Generalísimo, en plena tarea de soldado y de gobernante, se
desplaza del centro de sus actividades para pasar unas horas en su amada tierra
de Galicia y en su Pazo de Meir
ás» 6

«De todas
las gargantas empezaron a salir las vibrantes estrofas del Cara al Sol, mientras
un bosque de brazos se alzaba al cielo
» 7

Esta é a mensaxe que chegará practicamente ata os nosos días: o Pazo de Meirás é un
agasallo dos galegos e galegas a Franco a trav
és dunha «doazón voluntaria». Pero esta estratexia propagandística seguida polos medios de comunicación era moi similar en todo o Estado. Desde o comezo da
Guerra Civil o control da informaci
ón foi constante debido á necesidade de institucionalizar a Ditadura. No plano da
prensa, en Galicia
«desapareceron tódolos medios impresos pertencentes a grupos republicanos ou,
en todo caso, v
íronse forzados a cambiar de ideoloxía e servir ao novo réxime imperante» 8. Non houbo nin que agardar ao remate da Guerra Civil para
ver que o franquismo desexaba instaurar, a trav
és dunha
intensa fabricaci
ón historiográfica, unha
nova idea de relato 
9.

 

A FRACTURA DO RELATO IMPOSTO

Ata máis de trinta anos despois da morte de Franconada mudaba
no interior do Pazo de Meir
ás, e a presenza da familia, verán tras verán, seguía a ser habitual. Aínda que algo si mudaba na
conciencia democr
ática de moitas persoas, e ese sentir veríase canalizado por exemplo, no nacemento de organizacións vinculadas á Memoria Histórica e Democrática. 

En novembro de 2004, nunha
asemblea do local Portas
Ártabras, pertencente á Asociación de Amigos dos Museos de
Galicia, creouse unha asociaci
ón de ámbito comarcal que sería a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), co claro obxectivo de
organizar actividades para suprimir a simbolox
ía
franquista, entre outras actividades enfocadas a defender a democracia. 

Nestes
primeiros grupos de traballo da CRMH houbo unha grande implicaci
ón de moitas persoas, entre as que destacamos a Manuel
Monge e Pl
ácido Lizancos pola súa idea de propoñer a creación dun grupo de traballo que acabou por promover unha
concentraci
ón diante do Pazo de Meirás cun cartel coa palabra «Devolución». Para divulgar este acto preparamos un
folleto, en branco e negro, onde se relataba o que recolleramos na memoria oral
sobre o Pazo, historia hoxe moi documentada pero que naquel ent
ón non chegaba á maioría da opinión pública. 

A chegada de José Luis Rodríguez Zapatero (PSOE) á Presidencia do Goberno e a promulgación da Lei52/2007, de 26 de decembro, coñecida como Lei de Memoria Histórica, foi un paso claro a prol de facermos unha lectura do
noso pasado en perspectiva democr
ática. Mentres, en Meirás, despois da primeira mobilización á que acudiron unha vintena de
persoas
, sumáronse unha serie de actividades
reivindicativas co fin de implicar as autoridades para lograr a devoluci
ón do Pazo. A primeira marcha cívica tivo lugar en 2005 e a segunda en 2007. Foi nesta
onde o actor e veci
ño de Meirás Fernando Morán leu un manifesto co título:«Devolver ao pobo o que é do pobo»

Estas marchas tiveron algo de acollida na prensa, que se
comezou a facer eco destas primeiras reivindicaci
óns. Outro
dos acontecementos importantes foi, en agosto de 2008, un acto de protesta diante
do Pazo celebrando
«a contravoda» da bisneta de
Franco en Meir
ás, onde se repartiron folletos que deixaban
claro que esa familia non era benvida nin en Sada nin en Galicia. Se ben non
é sinxelo combinar un acto lúdico e
divertido con actividades memoriais, o grupo
«Os Maracos» fixo unha boa e divertida interpretación desa voda, que tamén saíu nos medios de comunicación. Ademais
de actividades, temos que destacar a implicaci
ón de
historiadores e os traballos de divulgaci
ón nos que se detallaban os feitos
sobre como as Torres de Meir
ás chegaran ás mans da familia Franco. O papel da historiografía é clave na recuperación do Pazo, e entre estas aportacións destacamos o libo de Carlos Babío e Manuel Pérez, Meirás. Un pazo, un caudillo, un
espolio
, un relato
escrito que, acollendo a memoria da tradici
ón oral, rompe co discurso da
falsa legalidade franquista e pon de manifesto a corrupci
ón sistémica no modo de actuar dos Franco
e da elite que estaba ao seu redor. 
Á hora de falar da recuperación de Meirás resulta clave citar o papel do
Concello de Sada, con Abel L
ópez Soto (BNG) na alcaldía, xa que esixir que o Pazo de Meirás fose declarado Ben de Interese Cultural (BIC) e se
abrise uns d
ías ao mes significaba tamén fomentar a idea de que algún día puidese ser recuperado. Con esta idea
seguir
ía o tamén alcalde de Sada Benito Portela,
que apoiar
ía os argumentos do Estado para reclamar a súa devolución.

 

XUNTA PRO DEVOLUCIÓN DO PAZO DE MEIRÁS

No ano 2017, a Deputación da Coruña, os concellos da Coruña e Sada, a Iniciativa Galega da Memoria, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e a Universidade crearon o Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás, unha entidade que tiña un fin contrario ao da que fora a antiga Junta Pro Pazo, creada co fin de entregar o inmoble a
Franco. Desde esta entidade traballouse para elaborar un informe hist
órico e xurídico que sería clave para o xuízo que tivo lugar no mes de
xullo e que recalcaba importantes ideas, como que o inmoble foi doado de forma
fraudulenta. Ademais tiveron que traballar r
ápido para evitar a venda de Meirás por parte da familia Franco. Dentro das actividades da
Xunta Pro Devoluci
ón do Pazo de Meirás levouse a cabo unha asemblea aberta para organizar a
Marcha a Meir
ás, que tivo lugar a finais de 2018. Nela participamos
moitas persoas, as
í como entidades, sindicatos e partidos políticos. Foi un gran paso adiante,
tanto para facer posible a recuperaci
ón do Pazo de Meirás como para fortalecer os fundamentos dunha sociedade máis madura. Non temos moitos referentes históricos de procesos democráticos en
que todos os partidos apartasen as diferenzas para loitaren xuntos por un ben com
ún. Isto ocorreu coa recuperación de Meirás, polo que esta loita é un referente en moitos eidos. 

Outro feito fundamental
neste proceso foi no ano 2019, cando o Parlamento Galego chegou a un acordo hist
órico: todos os grupos aprobaron por unanimidade unha
proposici
ón non de lei na que se instaba o Goberno a
iniciar un proceso civil para a devoluci
ón de Meirás ao patrimonio público. Non obstante, non foi ata
setembro de 2020 cando o Xulgado estimou integramente a demanda interposta polo
Estado, ao que declara propietario do Pazo de Meir
ás. Desde o
movemento memorial celebramos o resultado desta acci
ón xudicial, que bota por terra o relato mantido na falsa
legalidade franquista e fai que os anos de mobilizaci
ón cobre nunha vital importancia, feito que tamén observou a maxistrada coruñesa Marta
Canales, que asumiu que a posibilidade de articular esta demanda 
«nace dun importante estudo histórico e dun consenso social, logrado tras moitos anos, que
responde 
á madurez do sistema democrático»10. Desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) celebramos esta decisión. Así como antes había xente que permanecía indiferente ante a situación do Pazo, con esta acción xudicial
moitas persoas caeron na conta da verdadeira inxustiza que se cometeu durante o r
éxime fascista, así como da vergoña que é que despois da morte do ditador
a s
úa familia continuase sendo a propietaria
deste inmoble. Por outra banda, esta acci
ón xudicial rematou, cun relato
oficial nacido antes incluso que a propia Ditadura e fraguado na subordinaci
ón da prensa á autoridade do Estado. Entre as
formas de socializaci
ón das ditaduras modernas, no franquismo
destacou 
«a manipulación dos
medios de comunicaci
ón mediante a censura e a propaganda»11.

Na actualidade, desde a CRMH estamos a elaborar unha
exposici
ón ao aire libre que terá lugar a final deste 2020 e que se situará no Obelisco (A Coruña) co fin de explicar todo este longo
proceso de recuperaci
ón do Pazo de Meirás a modo de síntese cotítulo: [Es]pazo
Meir
ás. Esta exposición mostra a importancia dun longo proceso de recuperación que remata cunha vitoria da cidadanía democrática e pon punto final a un
relato deturpado durante m
áis de corenta anos.

Encabezamento dunha lista de contribuíntes á Suscripción Pro-Pazo del Caudillo
Arquivo Municipal de Carballo. 1.3.7. Beneficencia e asistencia social.Donativos/Suscricións

 
1 A revista Grial recolle por vez primeira a referenciaao «Método Meirás» no artigo de Souto Suárez, Fernando(2019): O “método Meirás”: o proceso de mobilización cidadá, Grial, 57, pp. 4249.

2 Para coñecer máis sobre a represión en Galicia pódese consultar o Proxecto de Investigación «Nomes e Voces» dende:
http://vitimas.nomesevoces.net/

3 Babío Urkidi, Carlos e Pérez Lorenzo, Manuel (2017):Meirás. un pazo, un caudillo, un
espolio
, Santiago
de Compostela: Fundaci
ón Galiza Sempre, p. 93.

4 Ibidem.

5 La Voz de Galicia, 01/04/1938.

6 «Un día de honor y júbilo para La Coruña: El Caudillo en su tierra y en su casa», La Voz de Galicia,06/12/1938.

7 «Nuestro Glorioso Caudillo gana
el jubileo jacobeo y es aclamado delirantemente por el pueblo de Santiago
», ABC, 06/12/1938.

8 Cendán, Antonio (2003): Xornalismo e medios decomunicación en Galicia durante o franquismo, A Coruña:Ediciós do Castro, p.18.

9 Entre os rotativos condenados á desaparición atopábaseo semanario nacionalista A Nosa Terra. O seudirector, Víctor Casas, sería executado nos primeiros meses
de Guerra Civil. Doutra banda,
El Pueblo Gallego,fundado por Manuel Portela Valladares, último Presidente do Goberno antes do triunfo da Fronte Popular
nas elecci
óns de febreiro de 1936, sufriría unha gran transformación e
depuraci
ón.

10 «Devolución Pazo de Meirás. Las claves de la sentencia, entre
comillas
», La Opinión, 04/09/2020.

11 Sevillano Calero, Francisco (1998): Propaganda yMedios de Comunicación en el franquismo (19361951), Murcia: Publicaciones de la Universidad
de Alicante,p. 21.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *