MEMORIA DE ACTIVIDADES

Marisa Naveiro López
Ofrenda floral a Ramón Suárez Picallo no 10º aniversario do seu regreso a Sada

Este outono cumpríronse
dez anos da traída dos restos de Ramón Suárez Picallo desde A Chacarita en
Buenoss Aires ao Fiunchedo en Sada. Foi, polo tanto, unha data sinalada para
nós, xa que, ademais, a A. C. Irmáns Suárez Picallo celebra a súa primeira
década de existencia. A ofrenda floral no lugar onde repousan os restos de
Suárez Picallo conta coas intervencións de Francisco Pita, lembrando aquela
data e o nacemento da nosa asociación; Abel López Soto, quen tivo unha  participación definitiva, pois sendo alcalde
foi quen, xunto coa vicepresidencia da Xunta, promoveu o seu regreso; e Benito
Portela, alcalde na actualidade, que resaltou a importancia da memoria e os
feitos que nos traen aquí. Contamos tamén coa actuación do gaiteiro Raúl
Galego. Neste acto presentouse o nº 27 dos Cadernos de Estudos Locais,
“Conferencias pronunciadas por Blanco Amor e Suárez Picallo no Centro Galego de
Montevideo en 1928”.

O nº 17 da revista Areal
preséntase na Biblioteca Municipal

Presentación do número 18 de Areal. Revista Cultural de Sada

o día 27 de outubro. Despois da proxección
dun audiovisual con fotografías nas que se repasaba a traxectoria da
Asociación, Paco Pita abre o acto. Continúa Manuel Pérez Lorenzo, coordinador
da revista, facendo fincapé na sección central que recolle todos os actos
levados a cabo nestes anos. Varias das persoas colaboradoras tamén interveñen,
nomeadamente as incorporacións máis novas, como Miguel Mosquera, Sara Arrojo,
Amara Fontão e Xacobe Anido Castro.

Dentro da Ruta do
Impresionismo nas Mariñas, atópase a Ruta Lloréns. Rosario Sarmiento,
coordinadora do programa, dá unha conferencia que leva por título Francisco
Lloréns, o pintor da paisaxe galega. O acto realízase en La Fábrica de la
Imagen o día 15 de novembro. Neste acto preséntase e o Caderno de Estudos
Locais nº 28, que leva por título “Unha conferencia sobre o pintor Francisco
Lloréns” e recolle o contido da charla pronunciada pola súa filla Eva 
Lloréns na Sociedade de Sada en agosto de
1975.
O día 10 de novembro sumámonos á
organización da 5ª marcha cívica pola devolución do Pazo de Meirás, xunto a
preto de 40 entidades que convocamos esta marcha para esixir a incorporación do
Pazo ao patrimonio público.
A nosa asociación está presente no acto de
entrega do Premio Marcelino Liste, que concede o Foro Cívico da Coruña. Este
ano, no que estivemos nomeados, a entidade que obtivo o recoñecemento foi a
AA.VV. Atochas-Monte Alto.
Presentación do libro Loanzas sentidas e
o
utros poemas, de X. X. Fernández Abella

No Hotel Alda Sada Marina queda exposta ao público
a Exposición Irmáns Suárez Picallo. Sada: Orixe e fin da viaxe desde o mes de
novembro. Neste espazo, o día 30 ten lugar a presentación do libro de Xoán Xosé
Fernández Abella Loanzas sentidas e outros poemas, acto no que pon a parte
musical Manoele de Felisa.

En decembro publícase o Caderno de Estudos
Locais, nº 
especial, que leva por título “O Mosteiro de San Salvador de
Bergondo: Vida e

Conservación”. É autora Mª Lidia García Cotos coa coordinación
e introdución de José Ramón Soraluce. Nestas datas tamén sae do prelo o Caderno
de Estudos Locais, nº
extraordinario, “Homenaxe a Isaac Díaz Pardo no sexto
cabodano” e, en xaneiro, asistimos no cemiterio de Boisaca (Santiago) ao acto,
que se lle dedica cada aniversario por parte da Academia Real 
Isaac Díaz Pardo. Tamén estamos presentes
no acto de ingreso do historiador Emilio Grandío no instituto José Cornide de
Estudos Coruñeses.

Presentación do libro Xeración perdida,
coordinado por 
E. Grandío,

O 14 de febreiro, na Capela de San Roque,
preséntase o libro Xeración Perdida. Coruña 36. 
Representatividade institucional e represión. As corporación municipais
da Coruña na II República, nun acto en colaboración co grupo Hispona. Falan
Benito Portela, Alcalde de Sada, e dous dos autores, Emilio Grandío e Manuel
Pérez Lorenzo. Remata cun coloquio moi esclarecedor.

Como vén sendo habitual, polas festas do
Entroido publicamos o Caderno de Estudos Locais nº 30 “O Entroido en Sada. Os
Meiguiños de Fontán. Anos 1988-1989”.
O 21 de febreiro na Terraza de Sada, ten
lugar o acto homenaxe ao pintor Eduardo Rivas, falecido recentemente. No acto
interveñen Paco Pita, pola A. C. Irmáns Suárez Picallo, Francisco Fernández
Rivas, pola familia, José Manuel Sánchez-Quinzá Torroja, Profesor Titular da
UDC, Roberto L. Moskovich, xornalista (ámbolos dous amigos do pintor). “O
Legado imperecedoiro de Eduardo Rivas” é o título do nº 29 dos Cadernos de
Estudos Locais, que se presenta e reparte neste acto.  O acto é patrocinado por Ferruxe Zeltia.
Charla de Montse Pena

O 2 de abril, en Portas Ártabras (A
Coruña), presentamos o Caderno de Estudos Xerais nº13, “Inauguración da
escultura en homenaxe a Emilia Pardo Bazán”, da autoría de Manuel González
Prieto. Participan Paco Pita, Ricardo Axeitos e o autor. Esa mesma semana, o
día 5, colaboramos co Concello de Sada na organización da charla de Montse Pena
Feminismos e literatura, amena e esclarecedora. O día 9 ten lugar na OMIX a
presentación do libro de Manolo Monge Guía para non perderse en política. 120
realidades silenciadas, coa presenza do seu autor.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *