MULLER GALEGA

Quijote
Ti fuches folla de herba seca, e barro,
de canto niño houbo quentado o mel
do que medrou a luz, e o sal: “do noso”.

Ti: a mai… o doce alento sereno;
o xunco que abanea nas ideas;
o ferro que sosteña o que ha chegar.

Ti: a calma… o faro que alumea;
a humildade sen bagoas de silencios,
e a grandeza… ¡nas sombras agochada!

¡Para ti o meu canto, muller galega!

Ti: as mans que alimenta o rego aberto;
as que moven o sacho na colleita;
as que espallan na eira;
as que escollen na horta;
as que treman das bestas;
as que tecen o liño;
as que limpan no río,
e na fonte enchen sellas;
as que amasan o pan;
as que quentan o forno
e na lareira aventan
a ascuas que alimentan
o pote do xantar.

Ti: as mans de todo…; as mans de todos…
Engádeas para ti
e amáñateme toda,
que eu quero ver o anxo que en ti amodorra.

¡Non te esquezas de ti, muller galega!

Ti es Filomena Dato, María Pita,
Emilia Pardo Bazán, Rosalía,
Concepción Arenal e ata Soliña.
Sofía Casanova, Amparo Alvájar,
María Barbeito, Maruxa Mallo…
Ti es raíña; ti, estrela.
¡Non te esquezas de ti!

¡Non te esquezas de ti, muller galega!

A Coruña, 8 de marzo de 2017
(Día da Muller)
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *