GALEGOS DA EMIGRACIÓN ESQUECIDOS. FRANCISCO REGUEIRA: PERIODISTA E MILITANTE GALEGUISTA

José Martínez-Romero Gandos
Francisco Regueira no 1º Congreso da Emigración Galega Bos Aires, 1956 (primeiro pola dereita, logo o fillastro de Manuel Puente, Rodolfo Prada, Martínez Suárez (México) e Ramón Suárez Picallo, último pola esquerda)
Nada
máis fermoso que lembrar a relación  de
dous verdadeiros amigos. Mais tamén lembrar 
que eses amigos tiveron que deixar a súa 
terra e morar até a morte na emigración nese  Bos Aires onde desenvolveron unha grande
actividade  nos eidos da política, da
cultura e da dirección  de institucións
senlleiras da nosa historia  común,
accións que non debemos esquecer.  

A
Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, 
na súa páxina web, publica cinco cartas que  Ramón envía a Francisco Regueira entre marzo  de 1932 e xullo do 1938. Nelas transmite
novas  da situación na Terra e un fondo e
forte sentimento  de amizade. Di Ramón
Suárez Picallo: “Y  porque tus cartas me
son necesarias como el  pan. Traen aires
de fe y de optimismo, que han  de ser la
tónica de nuestra política creadora.  Creadora
de un pueblo, nada menos que de un  pueblo.
Y porque nuestra amistad,  más allá del
bien y del mal, y por  encima de todas
las pequeñas cosas,  es inmortal. Muchas
cosas me dices,  amigo mío, para
contestarlas así de  un tirón. Veremos si
contesto a las  más importantes”.
1  


Cando Ramón recibe a acta como  deputado relata nunha carta ese acontecemento  mais insiste nunha outra:  “No recibí contestación a ella, a pesar  de esperarla con verdadera ansiedad.  Recibí otras, cientos de ellas, en todos los
tonos.  Pero ni la cantidad ni la calidad
–salvo las tres o  cuatro excepciones del
grupo– sirvieron ni sirven  para cubrir
el vacío de unas líneas personales tuyas. 
¿Qué te ocurre? Te conozco mucho. Te sé 
capaz de desfogarte valientemente cuando las actitudes  y las actuaciones te ofrecen reparos. ¿Es  que defraudé la gran fe que en mí habías
puesto?”.
2  

Francisco Regueira era un home intelixente,  moi activo, moi traballador mais un pouquiño  despistado. Nunca saberemos se tiña reparos  ou extraviara a carta. Coñecín a este
emigrante  na cidade de Bos Aires sendo
eu mozo e  participante da Asociación
Arxentina de Fillos  de Galegos. Merece
figurar nesta sección da  revista
Areal pois
o enorme labor desenvolvido  por el
figura apenas nas crónicas da emigración. 
Sería do meu agrado inserir aquí datos 
biográficos máis precisos. Non os atopo. Nin eu  nin historiadores os que consultei.  

Semella que no ano 1964 xa houbo voces  que saíron publicamente na loubanza e defensa  do noso personaxe motivadas polo que moitos  consideraban un ataque persoal e divulgación  de mentiras.  

O periódico Orientación
Gallega
3 dedica
o seu  número 20 a unha edición especial
de homenaxe a  Francisco Regueira. Dúas
páxinas dedicadas á  descrición e
loubanza da súa personalidade e acción  comunitaria.
Unha columna á esquerda sobre  “La
verdad, la mentira y la calumnia” e  dúas
columnas para unha editorial na  que
lemos: “Francisco Regueira por su  inquebrantable
lealtad en todo tiempo  y en toda hora a
la causa de Galicia, de  la República y
de la Democracia, por  su entrega,
siempre noble y generosa a  la vida
social, cultural y patriótica, sobresaliendo 
entre los mejores a lo largo  de
una trayectoria de más de 45  años en la
pródiga acción colectiva.  Francisco
Regueira por su integridad  moral como
amigo, como ciudadano,  como hombre de
ideales y de principios, siempre  inquieto
por el éxito de las causas nobles pero  nunca
por personal lucimiento”.  

¡Que máis pode
agregar este autor, mozo naqueles  anos,
que non dixeran nin Ramón Suárez  Picallo
nin os seus coetáneos! Podo afirmar que  así
era, colocado nun segundo plano, moi activo e 
calado. Podo afirmar que é un outro galego na  emigración esquecido. Tamén podo agregar
datos  da súa actividade societaria e
periodística.  

Segundo Hernán Díaz,
historiador
4,
en maio  de 1929 creou con Antón Zapata
García a
 Institución
Cultural Gallega, protectora  do
Seminario de Estudos Galegos. A recadación 
de cartos para concretar este apoio 
non ficou exenta de polémicas por parte de  opositores á idea.  

Tamén participa no Comité pro Residencia  de Estudiantes en Compostela nos  anos 30. Participa na Xunta Executiva da  Federación de Sociedades Galegas por  eses anos e mais tarde no Comité de Prensa  do periódico Galicia (1931
e 1932),  aceptando tamén quedar a fronte
do periódico  federal por uns meses en
1947.  

O día 17 de nadal de 1930, día do asasinato do Mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo no 1483, asina en Buenos Aires, xunto a Suárez Picallo, E. Blanco Amor, Emilio Pita, A. Alonso Ríos, Avelino Díaz e moitos outros galeguistas, o Segundo Manifesto dos nacionalistas galegos.


En 1956 formou
parte da Comisión Organizadora  do
Primeiro Congreso da Emigración  Galega.
Nunha entrevista que realizaramos a  Xosé
Neira Vilas para o noso blog que na páxina 
web de Praza Pública levara adiante baixo o título  de “Galicia nas dúas beiras” dicíame con  relación a este Congreso e a participación de  Regueira: “No Congreso da Emigración de 1956  eu estaba na Secretaría. O secretario
designado  era Francisco Regueira, pero
era un home moi  maior e ademais non
escribía a máquina. Eu era  pro-secretario,
pero de feito levei a secretaría  toda”
5. Certo isto
último mais non era tan maior  e dáballe
á maquina con un dedo de cada man.  Seguramente
a visión dun mozo activo como foi  o noso
amigo Pepe Neira Vilas nese Congreso.  

Logo de tres anos da presenza de todos os galeguistas activos en América nese 1º Congreso da Emigración Galega, intégrase a Comisión Organizadora da publicación das importantes actas do devandito congreso. Editorial Nós, baixo o coidado de Ramón Suárez Picallo, Francisco Regueira, Rodolfo Prada e Manuel Porrúa presentan para a posteridade o libro respectivo.


Os últimos anos da súa vida
dedícaos  principalmente ó periodismo. O
3 de outubro  de 1965 Manuel Puente crióu
o
Correo de Galicia,  periódico
editado en Bos Aires dirixido polo  xoven
avogado Perfecto López Romero
6. José  González
Ledo chamou a Francisco Regueira,  participante
activo dese proxecto “obstinado  animador
de todo empeño cultural”. Na súa  propaganda
dicían: “Gran periódico para los  500 mil
hogares gallegos de la Argentina”. Esta  foi
a cuarta época. En anteriores períodos  Ramón
Suárez Picallo foi Secretario de Redacción 
e tiña unha sección fixa.  

Atopabamos
a Regueira traballando sempre  na
redacción dese periódico. A residencia de Manuel  Puente en Buenos Aires converteuse na sede  da redacción nese espacioso piso da Rúa
Rivadavia  3760, en Bos Aires. Manuel
Puente tamén  cedera esa casa para as
xuntanzas do Consello de  Galiza, nos
anos 40. A pegada de Castelao está  moi
presente na casa. Entre outras cousas poden 
verse diversas fotografías, unha serie de debuxos  e o exemplar número 0 da primeira edición d’
As  cruces
de pedra na Galiza
, asinado polo propio  Castelao poucos días antes de morrer.  

Francisco Regueira morre en Bos Aires no  ano 1978.  

______________________________________
1. http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/index.php?cat=  12056.
Carta de Ramón Suárez Picallo a Francisco Regueira  do 28 de marzo de 1932.  
2. Op.cit. Carta de Ramón Suárez Picallo a Francisco  Regueira do 30 de xaneiro de 1932.  
3. Orientación Gallega, Bos Aires, nº 20, 01-02/1964.  
4. Díaz, H.: Historia
de la Federación de Sociedades gallegas: 
identidades políticas y prácticas militantes
, Bos Aires, Fundación  Sotelo Blanco e Editorial Biblos, 2007.  
5. Galicia nas dúas beiras: “Entrevista a Xosé Neira Vilas:  a xuventude no alén-mar dos anos 50”, http://arxentina.  prazapublica.com/post/19176477735/entrevista-a-xoseneira-  vilas-a-xuventude-no.  
6. Perfecto
López Romero foi activo integrante da Asociación  Arxentina de Fillos de Galegos. Fillo de
Perfecto  López, emigrante que tivera
fortuna coa comercialización  de coches
dunha marca internacional.
  

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *