AS FOLLAS DE INSCRICIÓN MARÍTIMA DE RICARDO FLORES E RAMÓN SUÁREZ PICALLO

O Arquivo da Capitanía Marítima de Sada garda verdadeiros tesouros. Documentos que nos falan do pasado dun pobo que viviu do mar, ata o punto de que foron poucos os veciños que, dunha ou doutra forma, non estiveron ligados e ese medio de vida nalgún momento. Entre as xoias do Arquivo, xenerosamente facilitadas polo persoal da Capitanía, figuran as follas de inscrición marítima nas que os sadenses que querían ir ao mar deixaban constancia dos seus datos persoais. Rexistros que cobren boa parte do século XIX e o século XX completo.

Hoxe reproducimos dúas destas follas polo interese que en si mesmo garda esta documentación pero tamén por estarmos ante dúas follas singulares: a do escritor e activista cultural Ricardo Flores (1903-2002) e a do xornalista e político Ramón Suárez Picallo (1894-1964). Figuras ambas relevantes na Galicia contemporánea que compartiron destino en Buenos Aires e tamén unha orixe común: o mar de Sada –compaxinado co labor agrario– como primeira experiencia de traballo.

Arquivo da Capitanía Marítima de Sada
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *