A FEIRA DE ED-MUNDO A DIFÍCIL VOCACIÓN DEMOCRÁTICA

Edmundo
Moure Rojas

Trece anos antes do fito universal da Revolución Francesa, a
nacente democracia dos Estados Unidos de Norteamérica ofrecía ao mundo un
exemplo de sociedade libre, baixo a inspiración de Thomas Jefferson, home
americano da Ilustración. O seu ben gañado prestixio, que na nosa época foi
exaltado a través de sesudas investigacións, por Hannah Arendt, débese a que
foi o principal autor da Declaración de Independencia dos Estados Unidos, de
1776, que asentaba e promovía os ideais do republicanismo, anticipando a visión
dun grande «imperio da liberdade» que promovera a democracia e a loita contra o
imperialismo británico, por entón a “besta negra” dos poderes deste mundo. Jefferson
desconfiaba das grandes urbes e dos especuladores financeiros, e apoiou entón a
separación de Igrexa e Estado.

A democracia occidental moderna é de recente data, se entendemos
que dous séculos son apenas un suspiro na historia da humanidade, e que os réximes
democráticos sufriron constantes altibaixos, tanto en Europa coma na nosa
América Hispana, para deixar paso a ditaduras e tiranías de diversa condición.
En España, a República tivo unha vida efémera, aínda que a súa semente teña
frutificado, logo da morte de Francisco Franco, acaecida a fins de
1975. Prefeririamos unha forma de goberno republicana e federal, fronte a esta híbrida
“monarquía constitucional” española, aínda cando recoñezamos a súa vontade de incipiente
pluralismo e procura da liberdade representativa.

Chile recuperou a súa democracia hai vinte e tres anos, con moitas
limitacións, aínda agrilloada baixo a espuria Constitución de 1980, obra da
Dereita e do seu brazo armado, os militares. Hoxe, o partido no que se
acubillan moitos colaboradores da ditadura, incluíndo a algún torturadores,
chámase a si mesmo “Unión Demócrata Independente”. Os seus xerarcas e principais
directivos falan da democracia con impresionante atrevemento, facendo caso
omiso do seu pasado golpista e dunha tradición secular de campións de todo
despotismo. É difícil ser demócrata; é arduo cumprir a cabalidade, durante toda
unha vida, o amor activo e constante polas liberdades humanas, porque as tentacións
que o poder ofrece ao home político son moitas e variadas. O libertario debe
ser conxurado custe o que custe, porque constitúe un perigo latente para os que
medran e gozan, a través dos privilexios, dun poder incontrarrestable.
No Chile democrático dos anos 40 e 50, cando a nosa nova República
aparecía ante o mundo como un exemplo de civismo e convivencia harmónica, “asilo
contra a opresión”, contamos cun xornalismo de vangarda que, máis aló da
noticia e o comentario reporteiril, entregaba aos lectores o maná incomparable
da palabra intelixente e reflexiva, unha virtual forma de facer cultura e
moitas veces, de regalar ese difícil achado que o filósofo chamara “o xúbilo de
comprender”

Entre
eses destacados escritores que animaban entre nós, os chilenos, o xornal
cotián, destacaba un home que fixo da súa vida unha contenda permanente a favor
da liberdade, mercé á súa vocación democrática e republicana. Chamábase Ramón
Suárez Picallo, exiliado da España en chamas, testemuña insobornable do seu
tempo, segundo nos dixera Albert Camus. A maior parte da súa obra escrita foi
publicada en xornais de Chile, a través da súa notable “Feria del Mundo”. Nese
milleiro de artigos e crónicas -asinadas como Pick-Up ou Puck- é moi difícil
atopar un só onde a súa voz non sexa un reclamo, unha admonición ou un aceso
chamado para admirar, consolidar ou defender a liberdade.
Eran
outros tempos, sen dúbida, na patria de Pablo Neruda, de Gabriela Mistral, de
Vicente Huidobro e de Pablo de Rokha. Nada facía presaxiar que dúas décadas
máis tarde, esa tradición democrática que nos enorgullecera, e que Ramón Suárez
Picallo facía súa, ía interromperse de xeito abrupto e violento. A corenta anos
daquel terrible crebe, quixeramos apoiarnos nas efemérides republicanas e
desviar os recordos luctuosos cara ao prurito inmortal de Prometeo, que pugna
por roubar aos deuses o lume da creación e da liberdade, pois ambos constitúen
o facho vital dos homes bos e xenerosos.
Ramón
relátanos, hai sesenta e tres anos, baixo o título de Efemérides Españolas, o
que a continuación transcribimos. Trátase dun dos recortes que o meu pai
gardaba no seu cartafol de crónicas, e que a miña nai nos lía, a incitación
súa, nas sobremesas acesas das fins de semana:
Ayer, 11 de
febrero de 1950, se celebraba una
gloriosa
efemérides política y democrática de
España. La
proclamación de su Primera República,
hecho ocurrido
en el año 1873, después
de más de tres
cuartos de siglo de ruda
lucha entre
liberales y absolutistas.
Y en amable
recanto democrático de la ciudad
de Santiago de
Chile, en la Casa del Centro
Republicano
Español, se reunió en torno
a una mesa de
almuerzo amable y bien servido,
un grupo de
personas dispuestas a evocar
aquel
acontecimiento.
Presidió el
ágape, como en años anteriores, la
señora Catalina
Salmerón, nieta de don Nicolás
Salmerón, el
ilustre filósofo, jurista y
profesor que
renunció a su cargo de Presidente
de aquella
república gloriosa, filosófica,
intelectual y
humanista, por no querer ponerle
el “cúmplase” a
una sentencia de muerte
recaída en un
soldado raso.
Hubo,
naturalmente, cariñosas evocaciones
para don Emilio
Castelar y para don Francisco
Pi y Margall,
personalidades señeras de aquel
régimen fugaz, el cual,
pese a su brevedad cronológica
–apenas de un año- hace
de hito
histórico en la Historia
política de España.
A los postres alguien
preguntó:
¿Por qué los españoles
nos reunimos para
celebrar acontecimientos
fracasados?
La respuesta saltó
espontánea.
Porque tras esos acontecimientos,
fracasados
y todo, está siempre
latente un gran gesto
moral. Y la República
Española del 73’, antes
que una viable
realización política material,
fue un gran gesto moral
de los hijos más ilustres
de España, que se
llamaban, entonces,
Figueras, Salmerón, Pi y
Margall, Cristino
Martos y Emilio
Castelar.
Y es que por algo,
cuando se habla de un
grande y generoso gesto,
se recuerda la frase
del poeta. “España y yo
somos así, señora…”
Es decir, que perdimos
la causa y ganamos
el gesto.
Velaquí
unha lección imperecedoira de espírito democrático, como tantas outras saídas
da pluma de Suárez Picallo. Por suposto, válida hoxe no noso remoto Chile,
sobre todo cando vemos de novo as imaxes do bombardeo arteiro da Casa de
Goberno e escoitamos as últimas palabras do Presidente Salvador Allende,
minutos antes da súa inmolación. Corenta anos despois, as voces violentas e
conminativas dos militares golpistas, que falaban entón de “extirpar el cáncer
marxista hasta sus últimas consecuencias”, non son máis que arengas baleiras,
sepultadas no horror das súas letais ferraxerías.
A
democracia volve xurdir, desde as cinzas, como o soñara o fillo dilecto de
Sada, hai seis décadas; como puido velo o meu pai, na súa amada Galicia, cando
cumpriu setenta anos de prolífica vida e percorreu, logo de medio século
de
desterro, as rúas da súa aldea natal.
En
1954, Ramón Suárez Picallo renova os prístinos propósitos da súa escritura
testemuñal, nas páxinas do diario “El Sur” de Concepción. Dous anos máis tarde,
regresa a Bos Aires, á Quinta Provincia galega, que será a súa morada
ata
1964, ano do seu pasamento, cando os seus restos foron sepultados, para
retornar, definitivamente, á súa pequena patria, en outubro de 2008, reuníndose
por fin coa súa alma voandeira que xa percorría os carreiros encantados de
Sada.
Ese
primeiro artigo, breve como foran os seus últimos escritos no seu periplo
chileno, di:
Iniciamos hoy,
en el diario “El Sur”, de Concepción,
una columnilla
periodística, que llevará
por título
genérico “La Feria del Mundo”.
En los
tenderetes de esta “Feria de ideas
y de
pensamientos”, expresados por medio de
la palabra
escrita, trataremos de ofrecer a
nuestros
lectores, gacetillas, glosas, exégesis
y comentarios de
nuestro diario vivir contemporáneo.
Notas de la vida
chilena, en primer
lugar, de la
vida americana luego; y después,
del vivir
universal, sin faltar, de cuando
en cuando, la
nota de tema español, ya que el
periodista que
la escribe es, vertical y medularmente,
español, que ama
a España con su
sustantivo
eterna, en el tiempo y en el espacio,
más allá y por
encima de cualquier circunstancia
transitoria que
va y que viene.
Trataremos, en
cuanto ello nos sea dado a
saber y
entender, de ser objetivos, claros y
sencillos en
nuestros decires. Buscaremos,
con ahincado
afán, el lado menos feo de los
temas,
prefiriendo hallar en ellos virtud y
gracia, en vez
de enconos polémicos o rencores
negativos, en la
seguridad de encontrar lo
que busquemos.
Y, a fuer de
optimistas, creemos contar de
antemano con
algunas ventajas. En primer
lugar, con la
comprensión, la cordialidad y la
cultura de
nuestros mudos amigos, chilenos y
españoles, de la
región –sus zonas y sus comarcas-
como presuntos
lectores de nuestros
trabajos…
…Nos gustaría
mucho que participasen en
ella, con
sugerencias, ratificaciones, rectificaciones,
críticas y hasta
censuras, todos nuestros
lectores, en la
seguridad de que les prestaremos
la más cordial
atención, ya que el
periodismo libre
de nuestro tiempo es, cada
día más, un
trueque de ideas entre los que
escribimos y
quienes nos leen.
Vén
ben reler ao noso querido Ramón, nestes días de agridoces recordos, cando a
memoria pugna tamén por rescatar e renovar as vellas alegrías. Quizá se hoxe
estivese connosco, o agudo e incomparable Pick-Up, invitaríanos a
unha
copa de viño xeneroso, e talvez nos regalaría unha das súas mellores receitas
de cociña.
Porque
a mesa fraterna sempre espera polos seus comensais. O pan, a auga e o viño
cantarán para nós a súa melodía augural. O discurso do brinde correrá por conta
de Ramón Suárez Picallo.

Santiago
de Chile. Outubro de 2013

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *