NOMES PROPIOS. JOSÉ MONZO E O SINDICALISMO ANARQUISTA NA SADA DA II REPÚBLICA (I)

Manuel Pérez Lorenzo
A chegada da II República a Sada supuxo a eclosión dun movemento obreiro que tivera as súas primeiras organizacións nos anos 10 pero ficara desartellado durante a ditadura de Primo de Rivera. Neste proceso tivo
unha singular relevancia o anarcosindicalista José Monzo como vertebrador da acción colectiva.

José Monzo Ríos naceu en Sada no 1906 no
seo dunha familia mariñeira. Era o seu pai Manuel Monzo Babío, armador e activo militante
en varias organizacións de axuda mutua, e a
súa nai María Ríos Andrade. Segundo de seis
irmáns1, logo de ter traballado no mar emigrou
nos anos 20 aos EEUU evadindo, como moitos
mozos, o servizo militar, que equivalía á mobilización cara Marrocos en plena Guerra do Rif.
En América entraría en contacto co movemento ácrata. Unha vez retornado a Sada, a finais
dos anos 20, volveu a traballar na embarcación
familiar. Contraeu matrimonio civil no 1931
con Josefa Abad Golán, coa que tería dous fillos, Vida e José. 


1930, antesala da República: o Centro Cultural Obrero 

A participación de Monzo no asociacionismo será inmediata ao seu regreso a Sada. No
1930, nun momento de crise do réxime instaurado por Primo de Rivera, funda con Avelino e
José Flórez, Francisco Vales, Manuel L. FreireCalvelo, Juan Bermúdez e Francisco Fernández
Vila o Centro Cultural Obrero2, organización
que presidirá. A nova entidade, composta por
opositores ao réxime ditatorial, porá en marcha
diversas iniciativas culturais: organizaranse
charlas sobre temas de interese público
(educación, medicina…) e artellarase unha biblioteca, unha coral e un cadro de declamación.
En febreiro do 1931 un informe da Garda Civil
ao Gobernador da provincia afirmaba: 

la asociación titulada “Centro Cultural Obrero”
creada recientemente en la Villa de Sada, su
funcionamiento es puramente instructivo, pues
poseen una pequeña biblioteca, haciendo también representaciones teatrales por los mismos
socios y jóvenes mentados de aquella localidad. 

En cuanto al Presidente de la misma José Monzo Ríos, es hijo de una familia de aquella Villa
que goza de generales simpatías por sus dotes
de honradez, moralidad y buenas costumbres,
como igualmente dicho José Monzo. 

Mais, en paralelo a este cometido “puramente instructivo”, o Centro Cultural Obrero desenvolverá iniciativas de carácter solidario, realizando unha colecta ante o afundimento dunha
lancha para paliar a dramática situación das familias dos mariñeiros afogados4. Tamén procurará canalizar as reivindicacións das clases traballadoras. Nun manifesto asinado por Monzo e
outros directivos reclamábase ao Estado a construción do porto de refuxio, unha petición histórica dos mariñeiros de Sada e Fontán, que vían á súa flota e as súas vidas desprotexidas ante
as inclemencias meteorolóxicas:

Hay muchos pueblos pesqueros galicianos que
como en este de Sada no existen ni muelles ni
un pequeño espigón […]. Al regreso de estas
faenas los hombres, con agua hasta la rodilla no
les queda otra resolución que empujar el bote
hasta encallarlo en la arena. […] 

El Centro Cultural Obrero de Sada se cree en la
obligación de velar por la vida de sus camaradas
marineros, haciendo que su voz se eleve por encima de las de aquellos a quienes no les preocupa
otra cosa más que su medro personal […]. 

El Centro Cultural Obrero de Sada, haciéndose
eco del sentir popular y recogiendo los angustiosos
clamores de los pescadores sadenses, no puede por
menos de llamar la atención del Gobierno sobre
esta postergación, abandono o lo que sea […].


Unha intensa experiencia: o Sindicato de
Oficios Varios de Sada 

O derrubamento definitivo da ditadura e a
proclamación da República como Estado de dereito, dará lugar á recuperación dos modelos
organizativos do movemento obreiro. En Sada
desenvolvéranse a finais dos anos 10 experiencias sindicais vinculadas co anarquismo coruñés. Agora, en setembro de 1931, no seo do
Centro Cultural Obrero e alentado pola Federación Local Obrera da Coruña, nacerá o Sindicato
de Oficios Varios de Sada con Sección Cultural,
que quedará integrado na CNT. O ideario ácrata
deixábase patente na redacción dos estatutos: 

su finalidad es propagar las ideas libertarias por
medios culturales, para que los trabajadores
emancipados y unidos como hermanos, como
somos, a los de España y el mundo entero, luchemos por librarnos de la garra capitalista que
nos condena con su instinto de explotación, al
privarnos de lo indispensable para vivir, a ser
pasto del hambre, la miseria y las epidemias. 

Establecíase que ao Sindicato poderían pertencer “trabajadores de ambos sexos, del músculo o del cerebro”, pero non os “profesionales de
la Política, la Milicia o la Religión”. Non obstante, o antigo Centro Cultural Obrero pasaba a
integrarse no novo Sindicato como Sección Cultural, na que si se permitía a incorporación 

de
todos los que sean amantes de ella sin distinción de sexos ni de matiz ideológico, ya que no
queremos vernos privados de compañeros que
por su posición social o ideológica no tengan
cabida en el Sindicato y sin embargo puedan
ser muy útiles a la causa Cultural que esta sociedad se propone realizar y que ellos de seguro ven con simpatía. 

No organigrama directivo do Sindicato, José Monzo ocupaba inicialmente a tesourería. Ao
longo da súa existencia, a entidade estaría presidida por Emilio Amor, Gerardo Pampín e o
propio Monzo9. Pola súa parte, Andrés Monzo,
irmán de José, ademais de participar na fundación do Sindicato, exercería o cargo de vogal. 

Ao pouco da súa constitución, o comité directivo espallaba os seus principios a través da
prensa, mediante a publicación dun manifesto
no que arremetía contra “los enemigos mortales del progreso”: 

¿Que queríais? ¿Que la garra de la tradición nos
tuviese hundidos y al servicio eterno de la explotación? ¡No! La aurora del día nuevo la sentimos,
la siente la mujer de Sada, la siente toda la juventud y con ella marcha hacia nuevos países que no
comprendéis los viejos ni los cavernícolas. 

Avanzar es propio de galeotes. Eso somos.
Atrás, jamás. Quien camina vive. Quien lucha
vive. Eso queremos: ¡VIVIR!

No mesmo texto, facíase un chamamento ás
mulleres para que se adheriran á organización: 

Tú, mujer, hermana nuestra, compañera nuestra, madre nuestra. Tú, mujer que eres joven y
tienes tu cariño puesto en un paria, en un trabajador, no te dejes vencer jamás. 

Ahí está nuestra mano fraterna. Te ofrecemos
amor puro, vida libre. Si no quieres encadenarte al pasado, si no quieres que la reacción ahogue tu juventud y tu vida, no vaciles, ven al
Sindicato. Aquí tienes Sección cultural y artística, biblioteca y tendrás escuela. Tienes hermanos que te ayudarán a emancipar y hacerte
un ser libre, no una mercancía como te ha
hecho la sociedad capitalista. ¡Te esperamos!… 

Desde o primeiro momento, os cenetistas
de Sada habían atopar a oposición das faccións
conservadoras da sociedade local e do republicanismo moderado, con maioría na corporación
municipal. Desde o semanario Solidaridad Obrera alentábase aos anarquistas a continuar coa
súa empresa: 

Sada prospera cada vez más. Tiene una juventud llena de entusiasmo que labora incansablemente por engrandecer aquel Sindicato. Dificultades no faltan. La mayor es la ignorancia.
Pueblos que no conocen más vida que la que
marcaba el caciquismo, se asustan ante una juventud que habla de emancipación y rebeldía.
Las madres tiemblan ante sus hijos que marchan de frente hacia horizontes desconocidos
para ellas. Oír hablar de Sindicalismo y Anarquismo ya supone una herejía para esta gente
sencilla que explota el caciquismo desde hace
siglos. Pero Sada resurge al empuje de estos
jóvenes que recogen de nosotros la savia de un
ideal bello y robusto. Ellos son los que tendrán
enhiesta la bandera de redención del obrero del
campo y del obrero del mar. 

Pouco a pouco iríanse superando moitas das
iniciais animadversións. 1932 e 1933 serán
anos de intensa actividade, nos que a CNT en
Sada conseguiu acadar unha notable implantación. Superaríase o medio milleiro de traballadores sindicados de ámbitos laborais moi diferentes: mariñeiros, albaneis, camareiros, etc. 


A intervención en conflitos laborais e sociais 

A defensa dos intereses da clase obreira motivará a intervención do Sindicato en numerosos
conflitos. O primeiro, e un dos máis longos, enfrontaría aos traballadores da obra de construción do camiño do Tarabelo a Carnoedo co contratista. En setembro de 1932, ao iniciárense as
obras, o patrón decidiu pagar un salario inferior
nun 20% ao acordado previamente. O alcalde daría a razón aos traballadores, que, afiliados ao Sindicato, declararíanse en folga13. Logo de varias semanas, conseguirían acadar
os seus obxectivos, retomando o traballo. Porén,
en maio reaunudaríase o
conflito por diverxencias
de admisión do persoal
entre o contratista e os
obreiros, dado que aquel
estaba a substituílos contratando a parados por un
salario menor. Neste caso,
a folga sería tamén secundada polos traballadores
do camiño da Chaburra a Veigue. En setembro
proseguirían as obras coa contratación de esquirois recrutados en Mera, escoltados pola Garda
Civil, o que motivaría a actuación da CNT: 

El viernes al anochecer, desplazáronse a Mondego, de donde eran la mayoría de los huelguistas de estas obras, y Mera, un grupo de trabajadores de Sada para dar unos mítines y animar a
unos y apostrofar la conducta de los otros. En
Mondego habló José Monzo, alentando a los
trabajadores a no desmayar en su obra reivindicadora, y en Mera Serafín García condenó la
conducta de los que trabajaban sin asociar. 

El sábado al amanecer, presentáronse en las obras
citadas, casi todos los asociados del Sindicato de
Sada; después de otro pequeño mitin persuasorio,
dejaron el trabajo los no asociados para unirse a
los huelguistas sin que la intervención rápida de la
Guardia civil consiguiese efecto alguno, puesto
que voluntariamente y dando vivas para todos los
gustos se negaron a continuar el trabajo.

O conflito solucionaríase finalmente a mediados de outubro, coa contratación outra vez do
persoal sindicado e grazas a que “la representación obrera dio toda clase de facilidades […],
comentándose en términos muy favorables por
las aldeas interesadas en el asunto esta conducta de los trabajadores locales”. 

Outro conflito que acadaría notables dimensións sería o mantido cos salóns La Terraza e
Moderno. A Sección de Camareros do Sindicato
reclamaba desde o 1932 melloras laborais (como a
fixación dun número de comensais por camareiro
en banquetes), e o dereito á asociación do persoal
feminino. O silencio dos empresarios motivaría a
declaración da folga en setembro de 1933. A
persistencia da mesma actitude e o despido dos
folguistas para contratar
esquirois agravaría o conflito ata o punto de rexistrárense varios estoupidos
de petardos en ambos establecementos entre outubro
de 1933 e agosto de 1934.
Monzo, como principal
dirixente sindical, sería
reclamado pola Garda Civil. Entregaríase voluntariamente, sendo posto en
liberdade ante a inexistencia de probas da súa implicación nos atentados17.
Remataría o enfrontamento na segunda quincena de agosto, volvendo ao
traballo os camareiros asociados. 

Ademais doutros conflitos cos empresarios
das conserveiras, coa Compañía de Tranvías ou
con Autos Luengo, o Sindicato mantería un intenso enfrontamento co Concello. Ante a gravidade
da crise económica, o Estado concedera ao municipio 10.000 pts. para a realización de obras que
mitigasen as alarmantes taxas de paro. O 17 de
outubro de 1932, pasados varios meses, e en vista
de que o Concello aínda non empregara os cartos,
o Sindicato decidía realizar un acto de protesta: 

Para tratar este importante asunto convocó el
Sindicato de Sada a una asamblea en su local
social. […]
Al final del acto […], se formó una nutridísima manifestación, que en forma ordenada se
dirigió a la Casa Ayuntamiento.
Antes de llegarse a la plaza le cerraron el paso
cinco guardias civiles a caballo, que a la vez
que impedían avanzar a los manifestantes, invitaron a una comisión a visitar al alcalde para
exponerle la queja colectiva. […]
La manifestación llevaba al frente un cartel en
el que se pedía libertad y trabajo. 

A actuación do Concello e da Garda Civil, impedindo a celebración da manifestación, agravaría o conflito. O Sindicato publicaba un pasquín relatando o acontecido: 

Y el pueblo ya en la calle, gritó lo que pudo contra todos: contra los malvados y contra los que
echan la fuerza a la calle para impedir que se haga
la justicia necesaria que, en este caso, no sería más
que emplear ese dinero en obras, útiles para el
pueblo y beneficiosas para todos los que trabajan. 

Acto seguido, redactábase un documento no que
se elevaba ao Gobernador Civil “la más enérgica
protesta, por la parcialidad e incapacidad de la
Corporación Municipal de esta Villa, pronunciándose esta Asamblea por la destitución de
dicha Corporación”20. En poucas horas, enchíase
con máis de 600 sinaturas de veciños e veciñas. 

Tamén participarán os sindicalistas de Sada
nos conflitos de ámbito estatal. O de máis graves consecuencias sería o que se desencadeou o
10 de decembro de 1933, coa convocatoria dunha folga xeral por parte da CNT como reacción á constitución do novo Parlamento con
maioría de dereita21. Logo de 6 días de insurrección revolucionaria, co estoupido de varios petardos e a paralización da actividade comercial e
dos transportes, serán detidos 24 veciños, entre
eles todos os directivos do Sindicato que Monzo
presidía. Este último será acusado de ordenar
a voadura dun poste de electricidade en San Isidro, e, aínda que finalmente resulte absolto, permanecerá 5 meses na cadea. A súa saída será
celebrada polos traballadores, como comenta
Xohán Antón Suárez Picallo nunha crónica: 

Ha sido puesto en libertad […] el último detenido que faltaba, de los sucesos de diciembre
pasado, José Monzo, destacado sindicalista local. Entre los obreros de la villa y alrededores,
ha causado alegría esta noticia. 

O local do Sindicato, como todos os da
CNT, será clausurado ata xullo do ano seguinte, vendo paralizada toda a súa actividade. Porén, en outubro de 1934, sufrirá novamente
unha clausura gobernamental, motivada polos
acontecementos revolucionarios con epicentro
en Asturias, nos que, non obstante, non tivera
ningunha participación. Non retomará a súa
existencia legal ata febreiro de 1936. 


Conquistas locais: traballando polo benestar dos veciños 

A obra construtiva a nivel local que nestes
anos desenvolveu o Sindicato tamén foi intensa.
Promovéronse melloras en infraestruturas (coa
colocación, por exemplo, de iluminación eléctrica na costa de Sada a Fontán para a orientación
dos barcos), perseguiuse a pesca furtiva con
dinamita e organizáronse actos para reivindicar
a construción do porto de refuxio, unha vella
aspiración dos mariñeiros. O Sindicato convocará asembleas abertas nas que deseñar as prácticas a seguir, interpretando que debían ser os
propios traballadores do mar os que encabezasen as reivindicacións. O vertebrador e principal impulsor destas actividades será José Monzo, que enunciaba este criterio xa na primeira
desas asembleas, celebrada no Salón Moderno
en marzo de 1932: 

el camarada Monzo dice que están en el recinto
las representaciones de todos los elementos
que en Sada son trabajo, producción y la clase
pescadora y ellos han de ser quienes tracen el
plan a seguir en éste.24
Precisamente, sería designado presidente
dunha Junta de Defensa creada a tal efecto. 

As
actuacións de Monzo e do Sindicato serán gabadas polo xornalista Manuel L. Freire-Calvelo: 

Nunca ha contado esta villa con una colaboración tan sincera, tan entusiasta, tan decidida y
leal como la que encuentra en el Sindicato de
Oficios Varios, que ha llegado a conseguir la
solución a intrincados problemas, consiguiendo
obras, pese a haber luchado con la apatía y hasta con la rencorosa resistencia de quienes más
obligados estaban a marchar en las avanzadas 


O mitin: José Monzo, orador 

A celebración de mitins será bastante frecuente. Tiñan lugar no local do Sindicato, situado na Praciña do Conde (entón Mártires de Jaca), no Pabellón Moragra, no Salón Royalty ou –
con maior frecuencia- no Salón Moderno. Xa
con anterioridade á constitución do Sindicato,
organizáronse varios actos en Sada, o primeiro
deles en maio, a iniciativa de “un grupo de jóvenes entusiastas que ven con simpatía la
C.N.T.”26. En agosto do 1932 visitará Sada
Ángel Pestaña, que fora secretario xeral da
CNT, disertando na compaña dos coruñeses José Villaverde e José Moreno ante un público que
abarrotaba o Moderno. Claro Sendón, Marío
Rico, Jacinto Méndez, Manuel Amil, Sebastiana
Vitales ou Jaime Baella serán algúns dos cadros
cenetistas que han participar en diversos mitins.
O orador local invariable na práctica totalidade 
dos actos era José Monzo, que axiña gañaría
fama polas súas dotes como comunicador.
Os mitins realizábanse con diversos motivos.
Nalgúns casos tratábase de actos de “afirmación
sindical”, nos que se pretendía divulgar o ideario
ácrata promovido pola CNT e as prácticas societarias ligadas a el. Outros tiñan por obxecto esixir a amnistía dos presos por delitos sociais ou
protestar contra as guerras, o fascio e a pena de
morte. No mitin celebrado en decembro de 1933,
Monzo e outros dous oradores 

dedicaron sus discursos a combatir el fascismo
y la reacción y a poner de manifiesto la necesidad de que la clase obrera se una para evitar
[que] se les arrebaten las mejoras adquiridas
en los últimos tiempos e ir a la conquista de
una mejor existencia.27 

O mitin na Sada da II República converteuse
nun acto social máis, con altas taxas de participación e cun público heteroxéneo, en certa medida
grazas a Monzo e á súa facilidade para conectar
coas clases populares. 
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *