NOMES PROPIOS. MANUEL L. FREIRE-CALVELO NA SADA DOS ANOS 20 E 30

Manuel Pérez Lorenzo
Manuel L. Freire-Calvelo foi a voz máis sobranceira do xornalismo local. Promotor de diversas publicacións, articulista e correspondente en múltiples cabeceiras de dentro e fóra de Galicia e combatente abnegado en todas as causas que cría xustas, foi, ademais, un apaixonado de Sada e das Mariñas. Neste traballo trazarase un percorrido pola súa actuación nos anos 20 e 30, a súa etapa máis produtiva.

Manuel Lorenzo Freire-Calvelo nace na vila de Sada no 1902. Eran os seus pais Manuel Lorenzo Calvelo, médico do municipio, e Juana Freire Golán, curmá de Manuel Lugrís Freire.

Xa desde novo, participará activamente en diversas organizacións locais, moitas veces na procura de melloras para a clase mariñeira. Así, a partires do 1922, artellará a agrupación Acción Sadense, que contará co semanario homónimo1. A súa principal labor consistirá en reclamar a construción dun porto de refuxio para Sada, para o que elevarán unha instancia ao miniterio de Fomento, sen éxito.

No 1924 participa na constitución do Sporting Sada, “sociedad de recreo”, que contaría co seu equipo de fútbol (o Sporting Sada F.C., que logo cambiaría o nome por Sansón F.C.) e tiña previsto artellar unha agrupación musical de corda e un cadro dedeclamación.

No 1925 Freire-Calvelo comezará a despuntar pola súa infatigable actividade como xornalista, redactando a revista Mariñana, de Sada, na que publicará numerosas colaboracións e exercendo de correspondente en diversas cabeceiras de Galicia (El Ideal Gallego, Marineda, La Voz de Galicia, El Noroeste e Galicia, da Coruña, e El Pueblo Gallego e Vida Gallega, de Vigo) de Madrid (La Voz e El Sol) e de América (Céltiga e El Correo de Galicia, de Buenos Aires, El Eco de Galicia e El Heraldo de Galicia, de La Habana, e Raza Celta, de Montevideo).

No ano 1926, continuando coa súa acción societaria, organizará a agrupación Mareiras (“Xuntanza nacionalista dos rapaces mariñeiros de Sada”), coa finalidade de configurar unha masa coral e realizar excursións a vilas da comarca para espallar o movemento galeguista xuvenil.
En Mareiras coincidirá cun moi novo Xohán Antón Suárez Picallo, e será precisamente o irmán deste, Ramón Suárez Picallo, quen dea a coñecer en Buenos Aires a existencia da agrupación, dedicando uns parágrafos da revistaCéltiga ao seu promotor:

[…] en tódolos xornaes galegos de dentro
e de fora de Galiza figuran seus traballos, adicados
todos a gabar as incomparábeles belezas
das nosas mariñas, ateigados todos de tremante
fraternidade pros famentos de pan e de xusticia.
As traxedias dos nosos fogares -meio labregos e
meio mariñeiros- o abandono en que os teñen
os de arriba; as falcatruadas dos caciques, grandes
e pequenos, tuveron e teñen neste rapaz,
seu espositor máis outo e enérxico. Pra elo valse,
como queda dito, de todolos xornaes galegos
e non galegos. E cando esto non lle abonda, cun
esprito quixotista admirábel, funda e dirixe polo
seu esforzo, pubricacións locales cos mesmos
propósitos nobres e xenerosos. […] Estudante
de medicina, adequiriu e asimilou na vella Compostela
o esprito galeguista dos inteleituaes de
hoxe, a par que unha cultura que lle permite
discutir cos letrados raposos, e cos raposos letrados
que nos desgobernan, todos os probremas
políticos e sociaes de hoxe […].
Namentras outros rapaces do seu igual,
con menos motivos que él, se fan os señoritos
vilegos […] este mainífico mozo galego pasa
as súas terturias, cos seus irmáns da xuntanza
a veira do mar, falándolles do porvir de
Galiza, con fe cuase apostólica, léndolles a
aqueles nenos […] os traballos proselitistas
dos nosos mestres, espricándolles anacos da
nosa historia, inculcándolles un fondo esprito
de dinidade persoal e de libertades cidadanas.
Tal a laboura deste rapaz, aló nunha vila mariñeira
da Galicia Nosa.5

Freire-Calvelo e Suárez Picallo manterán unha relación de admiración mutua. Cando no 1926 Picallo visita a súa vila natal, tras 14 anos emigrado en Buenos Aires, Freire-Calvelo organizaralle un banquete. Tamén mantiña estreitos vínculos cos sadenses de New York, agrupados desde o 1913 na Sociedad Sada y sus Contornos, que tiña por finalidade a construción de escolas laicas no concello.
Freire-Calvelo exercería o cargo de secretario da súa delegación en Sada no ano 19277.
A inauguración das agardadas escolas constituirá un fito para el, que entendía a educación como o medio de rematar co “analfabetismo del campo gallego”:

¡Es un colegio! Un nuevo jalón de la cultura
popular gallega. Un baluarte más para la
emancipación de la raza.
Es una ofrenda espléndida que a su pueblo
natal de Sada hacen sus hijos emigrados en
Norteamérica, brindándoles y elevándoles la
moral y la cultura, abriendo el surco de la liberación
de hombres y pueblos […].

En paralelo a toda esta actividade, Freire- Calvelo cursará a

carreira de practicante de medicina e cirurxía, obtendo o título “con brillantes calificaciones” no 1928.


No 1929 casará con Elena Lobeira Castro, de Ares, sendo ao pouco nomeado “agente, con residencia en Sada” da compañía inglesa de seguros contra incendios “Alliance Assurance Co. Ltda.” e ocupando a praza de auxiliar médico da Beneficencia Municipal, adxudicada pola Comisión Municipal Permanente. A través do seu oficio de practicante entrará en estreito contacto cos estratos máis humildes do rural:

[…] nuestro ejercicio de practicante rural
[…], nos pone todos los días en contacto con
la vida del agro, que nos hace conocer los problemas
que ignoran en las ciudades; la vida depauperada,
aterradora de estos camaradas que
yo quiero tanto […].

Tamén no terreo profesional, cómpre destacar a súa breve experiencia como empresario, ao facerse cargo no 1930, xunto co seu cuñado, o farmacéutico Francisco López Vázquez, do Pabellón Moragra, sala de baile, teatro e cinema, introducindo as grandes producións cinematográficas en Sada.

Conforme a ditadura de Primo de Rivera se encamiñe cara ao seu fin, terá lugar un proceso de intensificación da actividade asociativa, que, novamente, terá en Freire-Calvelo a un dos seus mellores valores. No verán do 1930 funda o Centro Cultural Obrero de Sada, do que será secretario co anarquista José Monzo de presidente.

Trátase dunha asociación en principio recreativa e cultural, que organizará un cadro dramático e un coro, pero que tamén desenvolverá actividades solidarias de importante calado.
En novembro, logo do afundimento da lancha “María del Carmen”, o Centro Cultural Obrero realizará unha colecta en beneficio das familias dos mariñeiros falecidos, sacando á luz un manifesto:

Cinco pescadores, cinco obreros del mar en lucha con el mismo han sacrificado sus vidas por un mendrugo de pan. […] a su cuidado tenían varios pequeños y esposas […]. Si en nuestros pechos hay sentimientos de humanidad, debemos acudir presto al socorro de su necesidad y desamparo […].

El Centro Cultural Obrero de Sada lleno de la mayor buena voluntad, solicita el apoyo y la caridad de todos, de los pudientes, de los pobres, cada cual con lo que pueda, para socorrer a esas criaturas abandonadas. […].

Outra das súas teimas, que como vimos xa Freire-Calvelo sostivera, e da cal será o principal valedor, centrarase na reivindicación do porto de refuxio para Sada. Orixinarase un conflito co Pósito Marítimo, institución mutual creada no 1926, que, ante a campaña iniciada polo Centro Cultural Obrero a través da prensa, reivindicará os seus méritos na procura dalicitación da obra. Ante eses embates, o Centro Cultural Obrero chamaba á cordura e á unión de todos os veciños na empresa reivindicativa, ao tempo que recordaba cómo antes de se constituír o Pósito xa existiran outras iniciativas co mesmo fin, lideradas por Freire-Calvelo. En realidade esta disputa tiña un fondo político, pois o Pósito estaba dirixido por algúns elementos conservadores, mentres que o Centro Cultural Obrero contaba na súa directiva con anarquistas, republicanos e socialistas.

En xaneiro do 1931 prodúcese unha renovación da directiva, deixando Freire-Calvelo o seu posto de secretario, que será ocupado por Xohán Antón Suárez Picallo. A proclamación da II República o 14 de abril será recibida polos sectores progresistas de Sada con gran xúbilo. Para Freire-Calvelo foi “un día memorable, un día de sana, santa y libre alegría, en que el pueblo pudo por primera vez en su vida manifestar lo que sentía”. Co novo réxime, o entramado societario, do que Freire-Calvelo fora un firme impulsor, sufrirá unha intensa dinamización, proliferando partidos de diversas tendencias, sindicatos maioritariamente anarquistas, asociacións culturais, etc.

Non obstante, a partires do 1932, Freire-Calvelo irá abandonando as súas responsabilidades, cesando como correspondente tanto de La Voz de Galicia como de El Pueblo Gallego, se ben no 1933 colaborará no semanario anarquista Solidaridad Obrera da Coruña, apoiando aos campesiños de Meirás, que mantiñan un intenso conflito cun propietario. No 1934 renunciará ao seu cargo na Beneficencia Municipal para instalarse na Coruña, onde participará do movemento asociativo, como directivo do Ateneo Popular Coruñés e como militante de Izquierda Republicana, o partido de Azaña.

No 1934 sufrirá o falecemento da súa muller, Elena Lobeira, logo de cinco anos de matrimonio.
A traxectoria posterior de Freire-Calvelo xa non cabe neste breve estudo. A súa actividade pública no que toca a Sada decae durante algún tempo, así como a súa labor como xornalista.

En agosto do 1935 a “Comisión pro puerto de refugio”, vinculada ao Pósito e encabezada polo párroco Juan Villanueva e militantes da CEDA local, empregará o acto de colocación da primeira pedra do porto de refuxio, a gran teima de Freire-Calvelo, para facer campaña política en favor do cedista Benito Blanco-Rajoy, sen recoñecer en ningún momento o contributo do ex-deputado Ramón Suárez Picallo e do noso incansable protagonista, como recolle o semanario

Ser:
Vieja, de todos los tiempos, era la angustia
de los pescadores de Sada. […] Hasta que un
joven sadense, calificado de loco, de soñador y
de iluso, empezó a llenar las columnas de los
periódicos de España, con la tragedia de los
marineros de Sada: la necesidad de las obras de
refugio. Era ese muchacho Manuel L. Freire
Calvelo, de prócer abolengo mariñán. A la
sazón otro muchacho sadense, de origen
humildísimo, […] fue elegido Diputado. Y descubrió
entonces que el cuento del Puerto era
pura filfa. […] Por eso el diputado sadense fue
el primero y el único diputado que habló en el
Parlamento español de los problemas de los
pescadores gallegos. ¡Lo hizo siete veces! […].
Pues bien, en la gran cuchipanda inaugural,
no hubo una sola palabra para recordar ni a
Freire Calvelo, ni al diputado sadense, ni a los
republicanos ni a la República. Por una sencilla
razón que es ésta: que se trataba de un acto derechista
con vistas a LA CAZA DE VOTOS.24
Non obstante, en Sada seguiuse lembrando
a entrega desinteresada de Freire-Calvelo.
O 3 de agosto do 1935 na inauguración do
local do Ateneo de Cultura Política y Social,
Xohán Antón Suárez Picallo, o seu presidente,
tributáballe unha merecida homenaxe, como
recolle a prensa:
Hizo uso de la palabra el joven Suárez Picallo,
para […] hacer un resumen de la labor desarrollada
en las columnas de LA VOZ DE GALICIA
por su infatigable corresponsal, el periodista
don Manuel L. Freire Calvelo, el cual con
clara visión supo en todo momento levantar
una opinión fuerte en defensa de lo que a Sada
le era necesario para su prosperidad, y que hoy
en día se ven todas realizadas y en vías de realización
otras de Sada, a cuyo señor Freire Calvelo
el pueblo le debe un homenaje (al cual nosotros
nos asociamos)

A Guerra Civil debeu ser unha experiencia traumática, co asasinato de varios dos seus amigos de Sada e o posicionamento activo de familiares no bando dos sublevados.

Sabemos que o seu amor pola vila natal non esmoreceu naqueles anos grises, e que máis adiante, nos 50, participará na creación da Peña Mariñana, que agrupaba a varios sadenses na Coruña e tiña por finalidade a consecución de melloras para Sada. Aínda así, a súa biografía, a dun home bo, entregado a causas sempre en beneficio do ben común, segue chea de incógnitas que, de seguro, a investigación irá desvelando pouco a pouco.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *