“RIBAZO DE MORAZÓN”, de Manuel Lugrís Freire

Publicamos este poema do escritor sadense Manuel Lugrís Freire (1863-1940)



Ribazo de Morazón
De penedos medoñentos
De triste recordazón,

Onde a ardentía do mar
Nas noites do triste inverno
Non se cansa de bruar,

Daime o voso fero son
Para espertar os galegos
Que inda teñen corazón.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *