A ESTREA DUNHA OBRA DE RICARDO FLORES

Tal día como hoxe, un 9 de xullo de 1938, en plena Guerra Civil, o comediógrafo sadense Ricardo Flores estreaba en Buenos Aires, no salón da Casa Suiza, Un ovo de dúas xemas, peza en dous actos, interpretada polo conxunto escénico da Sociedade Coral Os Rumorosos. Representaríase logo en numerosas ocasións nas diversas entidades da colectividade galega. Julho de 1938 estreou-se no salom da Casa Suiça Um ovo de duas gemas, peça em dous actos de Ricardo Flores, interpretada polo conjunto cénico da Sociedade Coral Os Rumorosos, que continuou representando-se polos cenários da colectividade.

Na segunda quincena deste mes de xullo comezarán os actos que esta Asociación vai desenvolver coincidindo co 10º aniversario do falecemento do escritor. O 18 terá lugar a inauguración dunha exposicón biográfica na Casa da Cultura Pintor Llorens e o 27, no mesmo lugar, celebrarase unha mesa redonda con xente que o tratou.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *