UNHA CARTA DE RSP DESDE A FRONTE A FCO.REGUEIRA -1-

Carta a Francisco Regueira (Fragmento publicado en A Nosa Terra)

PAROLAS DE FE E D’ESPERANZA
Da marcha da guerra non che direi nada. Estades ahí ben informados. Pasamos horas de moita angustia. Pero trunfaremos. De eso non che queipa dúbida. Asombra descubrir agora cantas eran as reservas morales e físicas de Hespaña. E da insuperable carraxe pensar que todas esas reservas estaban afogadas por unha minoría inepta, semifeudal, cega e suicida, tendo baixo as súas gadoupas a un grande pobo, cego e depauperado. Teño fé n’esas reservas, no instinto de inmortalidade deste pobo, na súa grandeza que coido que ainda que cubrisen palmo a palmo todo o seu chan de armas automáticas, non triunfarían os traidores. As armas son frías e comeas a ferruxe. O esprito d’un pobo aceso de pasión pola súa liberdade e a súa idependenza, e inmorrente, e trunfa sempre. Eu vino en Aragón baixo bombardeos furiosos e terroríficos reaccionar a berros de fé e de esperanza; vin-o tamén en Barcelona, no medio dos escombros, blasfemando; vexo todol-os días renovando a súa fé, a proba de ofensivas. Vouche a contar un sucedido que presenciei eu e mais un rapas de Negreira moi amigo meu que estaba de xuez en Barbastro. Un medio día apareceron sobre a vila trece trimotores que bombardearon durante sete minutos ¡unha verdadeira eternidade! Tirados n’unha cuneta con nos estaba un pai e dous sapaces seus fillos duns doce e catorce anos. Como os avións estaban vercitales e as bombas caían mais moi preto – un dos rapaces ergueuse e botou a correr pra tirarse mais adiante. Unhos segundos solos, os bastante pra que unha bomba o fixese pedazos. O rapas mais pequeno botouse a chorar berrando ante os cachos do irmán. “Perdón, perdón Papá, diles que se vayan que nosotros no hemos hecho nada”. O pai quedou como fulminado, inmóvil un intre. Mais de pronto quitou da cintura un coitelo e botou a correr berrando debaixo dos avións mostrando ao aire o coitelo: “Cobardes, asesinos, asesinos” e caeu redondo. Cando nos acercamos a él estaba morto. En oito días non conciliei o sono. E a visión tremenda ha de seguirme mentras viva. Esto na retaguardia. No frente hai pra escreber centos de volumens. Sobre un país desta naturaleza non trunfará nunca o frío aterecente da traición, nin as armas por moi automáticas que sean. Un pobo así, trunfa na vida, na morte e mais alá da morte.
Trunfaremos, trunfaremos e pronto.
E por hoxe nada máis. Miñas lembranzas a cantos me lembren. Unha aperta a meu irmán Leonardo, e pra tí o afecto invariabel do teu amigo.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *